26 de outubro: Día do Dano Cerebral Adquirido

Hoxe, 26 de outubro celébrase o Día do Dano Cerebral Adquirido, e asociacións e usuarios aproveitan esta efeméride para visibilizar, sensibilizar e informar, pero tamén para reivindicar que se garanta a continuidade asistencial e se mellore a atención ás persoas e familias con DCA. Dende Galaxia, neste 2018, témonos sumado á causa de dous dos […]

Celebramos o Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca e en Galaxia, como non podía ser doutro xeito, celebrámolo. Celebramos ás bibliotecas como axentes dinamizadores, como creadoras de novas e novos lectores… Mais sobre todo, celebramos as bibliotecas como corazóns para os amantes dos libros!

Xa nas librarías Dezanove badaladas, unha novela inédita de Rei Ballesteros

Xa está nas librarías Dezanove badaladas, a primeira novela escrita en galego por Anxo Rei Ballesteros. Redactada entre 1969 e 1970, cando o autor tiña dezasete anos, a obra permanecera inédita ata o de agora e está suscitando grande  interese nos medios e entre os lectores. En conversa con Daniel Salgado para o Sermos Galiza, […]

Galaxia colabora no concurso Contádenos o voso Día das Letras Galegas da RAG

A Real Academia Galega puxo en marcha o concurso Contádenos o voso Día das Letras dentro do proxecto web Primavera das Letras, que ofrece desde o ano 2016, co apoio da Deputación da Coruña, materiais didácticos para as escolas arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Ao certame concorreron este ano un total […]

Convócase o XVIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa co­laboración de Naturgy, convocan o XVIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o […]

Chega ás librarías Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal

Estes días comeza a chegar ás librarías a biografía Perfecto López. Un vimiancés na Galiza ideal de Xosé María Rei Lema. Perfecto López, coñecido coma O Tato da Valiña, naceu no lugar da Toxa-Vimianzo o 12 de maio de 1904. Traballou como xornaleiro e carboeiro antes de emigrar á Arxentina, da que volveu logo de […]

Míriam Ferradáns entrevista a Xavier Alcalá

Velaquí parte da conversa que mantiveron a poeta Míriam Ferradáns e o escritor Xavier Alcalá o pasado 2 de outubro na presentación de The making of na Axencia de Lectura de Meiro. Unha delicia de entrevista: O título da súa útima novela, The Making of, xa advirte o lector de que estamos ante un proceso […]

Galaxia no Festival Kerouac

Hai uns días presentábase á prensa en Vigo a nova programación do Festival Kerouac de poesía e performance. Dentro desta nova programación, que arrincaba o pasado xoves 4 de outubro, Galaxia é un ano máis unha das entidades colaboradoras. Así, o sábado 6 de outubro ás 19:30h estaremos na Terraza do Corte Inglés de Vigo […]