María Xesús Lama gaña o Premio Nacional de Ensaio

No día de hoxe, soubemos que a galardoada co Premio Nacional de Ensaio que concede o Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España era nesta ocasión María Xesús Lama, autora de Rosalía de Castro. Cantos de liberdade e independencia (1837-1863), obra que lle valeu o premio. Galaxia publicaba o pasado mes de febreiro […]
Inaugúrase en Compostela a exposición sobre o Alba de Gloria de Castelao

Escoitar e ver o último discurso de Castelao da súa man, cun formato innovador e vangardista. Así é “Alba de Gloria. Unha experiencia”, a mostra que inaugurou este serán en San Domingos de Bonaval a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, canda o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e […]
Domingo Villar publicará en marzo O último barco

O vindeiro 6 de marzo chegará ás librarías O último barco unha nova entrega do inspector Leo Caldas que se publicará simultáneamente en galego e castelán A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan […]
Galaxia reedita o Alba de Gloria de Castelao

“Alba de Gloria” foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao en vida. Tivo lugar no festival do Centro Galego realizado no teatro Argentino co gallo do Día de Galicia, un 25 de xullo de 1948. “Alba de Gloria” é un discurso en que cita as grandes figuras esenciais na configuración da cultura galega. Entre Prisciliano, […]
Marcos Calveiro gaña o Premio San Clemente

A última novela de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses, que xa fora recoñecida co Premio de Novela Manuel García Barros no 2017, foi merecedora hoxe do Premio San Clemente na súa categoría en galego. Nesta XXIV edición do Premio San Clemente, que convocan o IES Plurilingüe Rosalía de Castro e Abanca co apoio da Secretaría […]
A formiga fóra do carreiro está xa nas librarías

Estes días chegaba ás librarías A formiga fóra do carreiro, a nova peza teatral para a rapazada de Raquel Castro. Publicada na colección Árbore a partir de 10 anos, e ilustrada por Ángela Álvarez Paula, A formiga fóra do carreiro ensínanos que todas e todos buscamos o noso destino. E as formigas, tamén. Ou cando […]
Premio Otero Pedrayo para Antía Cal e María Xosé Queizán

O Premio Otero Pedrayo recoñece, ex aequo, o labor a prol da cultura e a galeguidade da pedagoga Antía Cal e da escritora María Xosé Queizán. O xurado, que o concedeu por unanimidade, reuniuse o pasado xoves ao mediodía no Pazo de Mariñán. O galardón, creado en 1977 e dotado con 16.000 euros, promóveno a […]
Chega ás librarías A casa do terror

A casa do terror é o título do novo libro+cd de Xoán Curiel e A Banda do Verán. Un novo título da colección Sonárbore que achega a música en galego aos máis pequenos da casa. Dende agora en todas as librarías, A casa do terror tena porta aberta para ti! Un libro cheo de monstros […]