Xohana Torres enche de literatura os autobuses urbanos de Vigo

No mediodía de hoxe, un autobús de Vitrasa saía da Porta do Sol ata o edificio do Concello de Vigo, nel, repartindo exemplares de Adiós María, o clásico de Xohana Torres, estaban o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Con […]

25N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión é o título do novo ensaio de Carme Adán. Un volume que inaugura a colección Feminismos da Editorial Galaxia e onde a autora quixo poñer en palabras a violencia que sofren as mulleres dentro da actual sociedade patriarcal. Unha violencia que, nos últimos tempos, se ten […]

Anna R. Figueiredo recolle o Premio Viadutos de Novela e presenta Os bicos feridos

Hoxe, ás 12:00h, o Salón de Plenos do Concello de Redondela acolleu a entrega do Premio Viadutos de Novela 2018, que nesta primeira edición tivo como gañadora a Anna R. Figueiredo (Ourense, 1979). Ademais, tivo lugar tamén a primeira presentación pública da novela galardoada Os bicos feridos, que estes días chega ás librarías da man […]

Chega ás librarías As ramonas, Premio García Barros 2018

Estes días chegaba ás mesas de novidades As ramonas, a primeira novela de Ana Cabaleiro, que foi ademais merecente do Premio Manuel García Barros 2018. Un dos libros máis agardados dos últimos meses. Mona Otero é unha muller loitadora e soñadora que persegue con ansia, e mesmo con desesperación, a súa meta de triunfar no […]

Coñécense as obras finalistas do I Premio de Novela Camiño de Santiago

Convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Naturgy e a Editorial Galaxia, a primeira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago xa ten finalistas. Reunido na mañá de onte na cidade de Compostela, o xurado decidiu declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas El […]

Galaxia bota a andar a colección Feminismos

Feminismos é o título escollido para a nova colección da Editorial Galaxia que comezará a chegar ás mesas de novidades das librarías galegas a finais deste mes. Unha aposta desta casa por axudar a visibilizar a causa das mulleres en Galicia. Tres son os títulos escollidos para este primeiro desembarco: ám@me de Chis Oliveira e […]

Chega ás librarías A derradeira bala

Estes días chega ás librarías A derradeira bala, a pexa de teatro para adolescentes coa que Fernando Castro Paredes gañou o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño. Luciano é descuberto intentando desertar da guerra e, despois de ser xulgado polos seus superiores, é condenado a morte. Á mañá seguinte, será fusilado coa última […]

A filla do minotauro chega a Compostela

Estes días chegaba ás mesas de novidades das librarías A filla do minotauro, a nova novela de Marilar Aleixandre que lle valeu á autora o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil que convoca a Deputación da Coruña. Un libro onde se nos conta unha historia de aventuras (xénero que leva practicando a autora dende sempre) sobre […]