Cúmprense cinco anos do pasamento de Benxamín Casal

Hoxe cúmprense cinco anos do pasamento de Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia ata 2013. Nado en Lugo en 1935 e finado na mesma cidade en agosto de 2013, Casal foi enxeñeiro agrónomo e economista, conselleiro de Enerxía e Industria da Xunta preautonómica entre 1978 e 1979 e deputado no Parlamento de Galicia durante a […]

Un verán de libros!

En agosto Galaxia marcha de vacacións e estaremos menos activos nas redes, pero oxalá vos acompañemos a través das vosas lecturas este verán: na praia, na piscina, no río, á sombra dunha árbore… Calquera lugar é bo para mergullarse nas páxinas dos libros! Á volta, en setembro, prometemos máis novidades, máis historias, máis aventuras, máis […]

Galaxia na Feira do Libro da Coruña

O mércores 1 de agosto arranca na Coruña a Feira do Libro que, coma todos os anos, encherá de literatura os Xardíns de Méndez Núñez durante dez días. En Galaxia, ademais agardarvos na nosa caseta con todas as novidades e un fondo amplo cos libros favoritos de lectoras e lectores, tamén organizamos algunhas actividades. E […]

Anna R. Figueiredo gaña o I Premio Viadutos de Novela

Reunido no edificio Multiusos da Xunqueira, en Redondela, o pasado luns 23 de xullo, o xurado do I Premio Viadutos de Novela decidiu declarar gañadora por unanimidade a obra Os bicos feridos que, aberta a plica, resultou ser da autoría de Anna R. Figueiredo. O xurado, composto polas escritoras Inma López Silva e Tamara Andrés, […]

Chega ás librarías Galiza no labirinto da nova política de Xoán Hermida

Estes días chegaba ás librarías Galicia no labirinto da nova política, de Xoán Hermida, un libro fundamental para entender o panorama actual da política galega. Nos últimos anos obsérvase un cambio de paradigma na política global, que, no caso do Estado español, adquiriu particularidades específicas, e onde Galicia actuou como epicentro. Neste libro titulado Galicia […]

Chega ás librarías Senlleiras, Premio Illa Nova de Narrativa 2018

Estes días chega ás librarías Senlleiras, a novela coa que Antía Yáñez gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2018 para autoras e autores menores de 35 anos, un libro co que a autora debuta na ficción para o público adulto. En Senlleiras unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man […]

Galaxia en Compostela o 25 de xullo

A Editorial Galaxia celebra o Dia Nacional de Galicia, 25 de xullo, con dúas presentacións dalgúns dos títulos máis sonados deste curso en Compostela. Ás 18:30h, arrincamos na Praza de Mazarelos coa presentación de Corpo de Antiochia, o último poemario de Tamara Andrés. Na celebración da Romaría dos Libros de Verán que ocupará a emblemática […]

En memoria de Manuel Antonio (Cholo) Rei Flórez, por Xavier Alcalá

Entre escritores xorde unha tendencia frecuente: a de imaxinar personaxes coas características de persoas coñecidas. Por veces, axústanse contas con compañeiros da vida dos que non gustamos. Outras, retratrátanse amigos queridos coma personaxes. Alén da desventura é unha novela chea de amigos –e non tan amigos– do século XX personificados como suxeitos do século XVIII. […]