Chega ás librarías A casa do terror

Categoría: Nova

A casa do terror é o título do novo libro+cd de Xoán Curiel e A Banda do Verán. Un novo título da colección Sonárbore que achega a música en galego aos máis pequenos da casa.
Dende agora en todas as librarías, A casa do terror tena porta aberta para ti! Un libro cheo de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar, para que deixes atrás o medo e fagas amizade con bruxas, lobos e zombies. Un repertorio de seres terroríficos e divertidos aos que lles deu vida a ilustradora Iria Fafián.
Pero ten coidado porque unha vez que comeces a cantar, non quererás saír desta aventura. Velaquí un libro+cd para facer uns amigos de medo!

Comparte nas túas redes sociais ou por email