Ana Cabaleiro gaña o Premio García Barros 2018

Reunido hoxe no concello da Estrada, o xurado do XXX Premio de Novela Manuel García Barros decidiu declarar gañadora a novela As Ramonas que, aberta a plica, resutou ser da autoría de Ana Cabaleiro. O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Olalla Cociña e Carlos Loureiro, actuando como secreatrio, sinalou que […]

Preséntase á prensa en Compostela o I Premio de Novela Camiño de Santiago

Esta mañá, ás 12:30h, tiña lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación á prensa da convocatoria do I Premio de Novela Camiño de Santiago. No acto interviron membros das distintas entidades convocantes: Xesús Palmou e Ulises Bértolo, presidente e secretario da Academia Xacobea, Manuel Fernández Pellicer, delegado en Galicia de Naturgy, Valentín […]

A Sega nomea Nosa Señora das Letras 2018 a Marica Campo

Coa elección de Antón Fraguas como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2019, lembramos que plataforma de crítica literaria feminista A Sega xa dera a coñecer o pasado febreiro o nome da homenaxeada no seu Día das Galegas nas Letras, unha proposta alternativa que este ano estará dedicada á escritora María Campo. Din dende […]

O ouro das lúas: unha novela de segredos

Estes días chegaba ás librarías galegas O ouro das lúas a nova novela de Beatriz García Turnes publicada na colección Costa Oeste. O ouro das lúas arrinca coa viaxe chea de aventuras que emprende Tide no séquito da súa señora, a sacerdotisa Ura. Tide, protagonista, pensa que a longa peregrinación vaina levar ao Templo do […]

A Editorial Galaxia convidada ao Encontre D’Editors de Valencia

A Editorial Galaxia, a través do seu director xeral, Francisco Castro, participará no Encontre D’Editors que se celebra os días 12 e 13 de xullo no Parador Nacional de Benicarló. Trátase do encontro anual das editoras e editores do País Valencià, un foro onde cada ano se reflexiona arredor de distintos asuntos de crucial importancia […]

Falece Xerardo Fernández Albor

Hoxe soubemos con pesar do falecemento de Xerardo Fernández Albor (1917-2o18), primeiro presidende do goberno autonómico de Galicia entre 1982 e 1987 e eurodeputado entre 1989 e 1999. Médico de profesión, Fernández Albor fundou a compostelá clínica da Rosaleda arredor da cal trabou amizade cos primeiros círculos do galeguismo cultural da posguerra. Na actualidade estaba […]

Patricia Mallo recolle o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O pasado venres, ás 20:30h, o auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollía a entrega do I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. No acto participaron a gañadora, Patricia Mallo, e os membros do xurado que escolleu Os Fantom como a primeira novela en ser distinguida co galardón: a escritora e académica Fina […]

Antón Fraguas: Letras Galegas 2019

  Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, destacado historiador e antropólogo galeguista, foi escollido polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2019. Fraguas […]