A formiga fóra do carreiro está xa nas librarías

Categoría: Nova

Estes días chegaba ás librarías A formiga fóra do carreiro, a nova peza teatral para a rapazada de Raquel Castro.
Publicada na colección Árbore a partir de 10 anos, e ilustrada por Ángela Álvarez Paula, A formiga fóra do carreiro ensínanos que todas e todos buscamos o noso destino. E as formigas, tamén. Ou cando menos esta formiga que vai ter que enfrontarse a un feixe de animais de toda clase que non deixan de dicirlle o que debe facer e como se debe comportar cando ela, en realidade, o que quere é ser libre e feliz. Unha obra moi divertida protagonizada por unha bichería inesquecible.
Ademais, o mércores 31 de outubro, ás 20:00h, estaremos na libraría Cartabón de Vigo presentando este novo libro a carón da autora, Raquel Castro. Acompañándoa estarán a ilustradora do libro, Ángela Álvarez Paula, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Vémonos alí!

Comparte nas túas redes sociais ou por email