Convócase o Premio Viadutos de Novela 2019

Xa está aberto o prazo para que envíes a túa novela ao Premio Viadutos 2019. Convocado polo Concello de Redondela a través da súa Concellería de Xuventude, este galardón está destinado a premias novelas cunha extensión mínima de 100 páxinas. O recepeción de orixinais estenderase ata o vindeiro 29 de marzo de 2019. Podes gañar […]
Galaxia e a Deputación de Pontevedra homenaxean a Castelao

Nun rolda de prensa celebrada onte no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra, Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, a investigadora Diana Vilas e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, anunciaron un acto de homenaxe a Castelao previsto para o vindeiro 30 de xaneiro que terá como protagonista a presentación da […]
Preséntase O segredo das Burgas en Ourense

Hai cousa dun mes, chegaba ás librarías O segredo das Burgas, a novela coa que Andrés Pombo Gaña debuta na narrativa galega, unha obra que sorprende pola súa enorme madureza, e que nos vai enguedellando dende os primeiros capítulos para non soltarnos. Unha novela luminosa malia a moverse na escuridade, no misterio e o terror […]
Falece o escritor e xornalista Arturo Lezcano

O escritor e xornalista Arturo Lezcano finou onte, aos 79 anos de idade, na Coruña. Foi director de Ferrol Diario e redactor xefe de La Voz de Galicia; no ámbito da literatura era moi coñecido polo seu vencello con Vicente e Antón Risco. Precisamente a última obra de Arturo Lezcano publicada por Editorial Galaxia (2013) foi […]
Galaxia reedita O triángulo inscrito na circunferencia

Nos próximos días chegará ás librarías esta reedición do clásico novelístico do presidente da Real Academai Galega Publicada por primeira vez en 1982, O triángulo incrito na circunferencia convertiríase de contado nun éxito entre os lectores e unha revolución no panorama literario. Gañadora do Premio Blanco Amor e do Premio da Crítica, esta era a […]
Inaugúrase o ano Antonio Fraguas

O pasado domingo, o Concello de Cerdedo-Cotobade, lugar de nacemento de Antonio Fraguas, inaugurou o ano de homenaxes dedicado ao autor con motivo do próximo Día das Letras Galegas 2019, nun acto que contou coa colaboración da RAG, a Fundación Fraguas, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra. A este arranque do ano […]
Este luns remata o prazo para o Premio Illa Nova 2019

Este luns, 14 de xaneiro, remata o prazo para participares no Premio Illa Nova de Narrativa para autoras e autores menores de 35 anos. Se tes menos de 35 anos e unha novela ou libro de relatos inédito, non dubides en enviárnola antes do 14 de xaneiro (incluído). Podes gañar un premio de 3.000 euros […]
Conversamos con Antía Yáñez, Premio Illa Nova 2018

Despois dunha exitosa primeira edición e aínda co sabor a salitre na boca tras a lectura de A vida sinxela de Marcelo Firmamento, en 2018 fíxose co Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos, Antía Yáñez (Burela, 1991). Senlleiras, que vai xa pola súa cuarta edición en pouco máis de cinco meses, […]