Domingo Villar presenta O último barco en Vigo

Categoría: Nova
A Escola Municipal de Artes e Oficios, espazo clave e referencial na última intriga de Domingo Villar, acollerá este xoves 7 de marzo ás 19:30h a presentación en Vigo de O último barco a nova entrega de novela negra protagonizada polo inspector Leo Caldas. Acompañando ao autor estarán o escritor Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Ofelia Grande de Andrés, directora xeral e editorial de Ediciones Siruela; e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.
O último barco, xa nas librarías de maneira simultánea en galego e español, é un dos libros máis agardados da última década despois do grandísimo éxito de Ollos de auga (2006) e A praia dos afogados (2009), con ducias de miles de exemplares vendidos en Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email