Conversamos con Vanesa Santiago, Premio Illa Nova 2017

No outono de 2016 botaba a andar o Premio Illa Nova de Narrativa para autoras e autores menores de 35 anos, unha iniciativa da Editorial Galaxia para apoiar a creación e darlle a benvida ao catálogo da colección Literaria ás voces máis novas do panorama en lingua galega. Emprendiamos así un proxecto que apostaba polo […]

Os máis vendidos do 2018

En Galaxia botamos a vista atrás para ver cales foron os libros máis vendidos da nosa editorial no pasado 2018. Encabezando a listaxe, un dos libros que protagonizou a vida literaria e cultural de Galicia o pasado ano: Anagnórise, a obra mestra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada co Día das Letras Galegas 2018. Un […]

Galaxia arranca cun 2019 cheo de novidades

Co inicio do ano, na Editorial Galaxia comezamos a preparar os que serán os títulos cos que encheremos os andeis das librarías nesta primeira metade de 2019: novidades para todos os públicos e todos os gustos que non poderedes deixar de ler. Así, en Literaria, a nosa colección de narrativa para adultos, destaca a chegada […]

Alma e o mar e a perspectiva de xénero

No número 21 da revista de estudos galegos da Universidade Complutense de Madrid, Madrygal, Inma Doval-Porto asina este interesante artigo onde se analiza a última novela de Francisco X. Fernández Naval, Alma e o mar, dende unha perspectiva de xénero. Para non perder! Podes descargar o documento aquí.

Xa chegou o Apalpador!

Achégase o final do ano e o Apalpador visitará nestas datas as vilas galegas para apalpar os ventres dos máis cativos e ver se comeron abondo durante este 2018. O xigante carboaeiro deixará agasallos e mancheas de castañas para desexarnos fortuna, felicidade e fartura no ano que comeza. Se aínda non coñeces a figura do […]

Deixe a súa mensaxe despois do sinal finalista do Premio Novela Europea

Días antes do Nadal soubemos da marabillosa nova: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, a exitosa novela de Arantza Portabales era única finalista en galego dunha anovada edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A carón de Perdón, de Ida Hegazi Hoyer; Recursos inhumanos, de Pierre Lemaitre; Tierra de campos, de David Trueba; e […]

Bo Nadal 2018 e Feliz Aninovo 2019

O 23 de decembro cúmprense 50 anos da primeira publicación de A GALIÑA AZUL, o clásico infantil de Carlos Casares que leva décadas formando parte das bibliotecas de milleiros de fogares. Porque a literatura é sempre punto de encontro, lugar de aprendizaxe, xesto de cariño. Por iso, dende Galaxia desexámosvos da man da galiña azul […]

Fernando Redondo Neira gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

A obra Os amorodos de Bergman, de Fernando Redondo Neira resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Naturgy. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 21 de decembro de 2018, ás 11 horas, no […]