Cóñecense as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2019

Na mañá de onte dábase a coñecer a listaxe de obras finalistas da Gala do Libro Galego 2019. Organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG) o acto no que se darán a coñecer as obras gañadoras celebrarase […]
A revolución vertical de Ngugi wa Thiong’o agora tamén en galego

Esta obra, traducida a máis de 80 linguas chegaba ás librarías esta mesma semana de xeito simultáneo en todas as linguas do estado. Traducido por Xosé Álvarez Alonso e ilustrado por Agustín Comotto. A revolución vertical narra a formación do corpo humano coma unha discusión entre as súas partes. Brazos e pernas quererán demostrar que […]
Chega ás librarías a biografía de Antonio Fraguas

Como cada ano, a colección Letras Galegas da Editorial Galaxia acolle a publicación da biografía do persoeiro homenaxeado. Neste 2019, dedicado a homenaxear a figura de Antonio Fraguas (Cotobade, 1905 – Santiago de Compostela, 1999), chega ás mesas de novidades das librarías Antonio Fraguas. Mestre da memoria, un traballo de pescuda biobibliográfia a cargo da […]
Continúa o fenómeno arredor de O último barco

Despois da multitudinaria presentación do día 7 de marzo no salón de actos da Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde case duascentas persoas se reuniron para festexar o lanzamento de O último barco, continúan os éxitos para esta terceira entrega protagonizada polo inspector Leo Caldas. Máis de hora e media estivo Domingo Villar […]
O 8M en libros

Hoxe, 8 de marzo, día da muller, aproveitamos para facer un percorrido polas nosas últimas publicacións relacionadas co movemento feminista, coas que dende Galaxia queremos contribuír a darlles visibilidade ás inxustizas e desigualdades que aínda hoxe atopamos entre homes e mulleres. A colección Feminismos chegou ás librarías a comezos de novembro do ano pasado con […]
Domingo Villar presenta O último barco en Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios, espazo clave e referencial na última intriga de Domingo Villar, acollerá este xoves 7 de marzo ás 19:30h a presentación en Vigo de O último barco a nova entrega de novela negra protagonizada polo inspector Leo Caldas. Acompañando ao autor estarán o escritor Víctor F. Freixanes, presidente da […]
Galaxia publica Feminismos. A historia cóntana as vencedoras

Na xornada de onte, tivo lugar na Cidade da Cultura de Galcia a presentación do volume Feminismos. A historia cóntana as vencedoras de Anna R. Figueiredo. Neste encontro coa presnsa, participaron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella,; o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana […]
Le o primeiro capítulo da nova novela de Diego Giráldez

Hotel para coleccionistas discretos é a primeira e agardada novela de Diego Giráldez que chegará o vindeiro 15 de marzo ás librarías. Hoxe convidámosvos a ler o primeiro capítulo, que podes descargar premendo aquí.