Preséntase en Vigo Antonio Fraguas. Mestre da memoria

Este xoves, ás 19:30h, estaremos na Casa Galega da Cultura de Vigo para asistir á presentación de Antonio Fraguas. Mestre da memoria, a biografía do homenaxeado nas Letras Galegas 2019 que asina a profesora e editora Malores Villanueva. Acompañándoa estarán o crítico literario Ramón Nicolás; Antón Vidal Andión, presidente da Editorial Galaxia; e Abel Caballero, […]

Día do Libro Infantil e Xuvenil

O 2 de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil, un dos xéneros máis vivos e de maior calidade actualmente nas letras galegas. Dende Galaxia, aproveitamos para facer un repaso polas nosas últimas novidades para as lectoras e lectores máis miúdos e tamén para aqueles que están dando o salto á literatura para […]

Galaxia co teatro en galego

Co gallo do 27 de marzo, Día do Teatro, en Galaxia aproveitamos para facer repaso polas nosas últimas novidades no xénero e tamén para falar do que está por vir. Nos últimos anos, a nosa aposta pola dramaturxia en galego para todos os públicos viuse reflectida non só entre os títulos do catálogo vivo da […]

Preséntase Do tempo e dos astros de Antonio Fraguas

O pasado luns, o Museo do Pobo Galego acolleu a presentación á prensa do libro de Antonio Fraguas Do tempo e dos astros. Trátase dunha publicación da Editorial Galaxia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia, que este ano se lle dedica ao autor do volume. No encontro participaron […]

Cinco obras de Galaxia no catálogo da OEPLI 2018

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) deu a coñecer a pasada semana o seu catálogo coas obras máis destacadas publicadas no estado en 2018. Nesta selección participan tamén, como non podería ser doutro xeito, as diferentes seccións territoriais, entre elas Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), quen incluíu na […]

Presentamos a campaña Canta, miña pedra, canta

Na mañá do xoves, o Museo do Pobo Galego acolleu a presentación á prensa da actividade Canta, miña pedra, canta, coa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da man da Editorial Galaxia pon en marcha unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes. A presentación tivo lugar ademais aproveitando o gallo […]

Marcos Calveiro recolle o Premio San Clemente 2018

A finais do pasado 2018, soubemos que Marcos Calveiro fora recoñecido co Premio San Clemente na categoría en galego por O xardineiros dos ingleses, unha das novelas máis aclamadas pola crítica no 2018 e merecedora tamén do Premio Maneul García Barros 2017. E onte, tivo lugar a entrega do galardón no Auditorio Abanca de Compostela, […]

Magín Blanco regresa con A nena e o grilo máis aló

Estes días chegaba ás librarías galegas A nena e o grilo máis aló, o novo libro+cd de Magín Blanco, un dos traballos infantís máis agardados do ano. Unha nova entrega musical de Magín, que vén ademais acompañada polo texto teatral de Pepablo Patinho e as ilustracións de Luz Beloso, e que loce nas mesas de […]