Feliz Día do Libro!

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos un moi feliz Día do Libro a todas e todos. É tempo de ler, de soñar, de descubrir, de imaxinar, de aprender, de gozar e sobre todo sentir. Sentir que todo irá ben e volveremos ás librarías, volveremos a compartir o tempo cos nosos e seguiremos viaxando, imaxinando e soñando […]
“Comercultura” unha campaña para dar de comer, tamén, libros

Co gallo do Día do Libro, que se celebra mañá xoves 23 de abril, a Editorial Galaxia, a Asociación Vigo Gastronómico e o Concello de Vigo, a través da campaña “Comercultura”, repartirán este mércores máis de 500 libros ás persoas máis necesitadas da cidade olívica. As bolsas de comida serán distribuidas co apoio loxístico do […]
Chus Pato e Alba Cid, en Asymptote

Algúns dos poemas de Un libre favor, de Chus Pato e Atlas, de Alba Cid, foron traducidos na prestixiosa revista Asymptote. Erín Moure traduciu algúns dos poemas de Chus Pato, The Face of the Quartzes, á que podedes acceder premendo na ligazón. Quen lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía […]
Finou Luz Pozo Garza
Bruno, de 6 anos, gañador do Concurso para a Cativada

Velaquí o debuxo gañador do noso Concurso para a Cativada! Parabéns, Bruno! A obra deste cativo, de 6 anos, foi a escollida como gañadora polo xurado da Editorial Galaxia. Foi unha escolla moi difícil dado o nivel dos traballos realizados. Moitas grazas a todas e todos por participar! #LeoNaCasa
Dous libros-disco de Galaxia, finalistas nos Premios Martín Códax da Música

Dous libros-disco que publicamos na Editorial Galaxia forman parte da lista de finalistas nos Premios Martín Códax da Música, os máis prestixiosos da música galega. Na categoría de Música Infantil, está nominada Lingua guapa. Cantos que contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, ilustrado por Lucía Cobo. Trátase dun libro-disco que xa debería estar na rúa pero que, as […]
A celebración do Día das Letras trasládase ao 31 de outubro

A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado á figura do intelectual Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990), ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 […]
XXXII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]