Na Editorial Galaxia estamos moi felices porque a nosa compañeira Malores Villanueva comeza a colaborar, dende hoxe, na sección Fugas de La Voz de Galicia. Cada venres, sairá un artigo da súa man neste xornal, poñendo en relevo a actividade da Editorial Galaxia. O seu traballo vai consistir en revisar os libros máis importantes destes 70 anos de historia.
Xa podedes ler o seu primeiro artigo na seguinte ligazón:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2020/05/29/cruzar-limiar/0003_202005SF29P2992.htm