Continúan chegando as mostras de condolencia polo pasamento de Domingo Villar

A través das redes sociais da Editorial Galaxia estamos compartindo todos os comentarios que están chegando da prensa galega e estatal. A túa partida, Domingo, deixou a todo o mundo da cultura e as Letras totalmente destrozado. É unha inxustiza que unha persoa tan boa e xenerosa teña que deixarnos tan cedo, e así o […]

Celebramos o día das nosas Letras

Este martes 17 de maio celebramos a Florencio Delgado Gurriarán, poeta desta Galaxia, no Día das Letras Galegas. Este 2022, Galicia réndelle homenaxe ao autor de Córgomo, dedicándolle a súa efeméride máis especial. Galaxia, contribúe nesta causa incluíndo, nas súas novidades editoriais, os seus tres poemarios: Bebedeira, Galicia infinda, O soño do Guieiro, e a súa Antoloxía poética, […]

Convócase o V Premio Vidal Bolaño 2022

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.” […]

Convócase o XXXIV Premio de Novela “Manuel García Barros”

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]

Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de […]

71 anos da Editorial Galaxia

Un 25 de xullo de 1950 celebrábase no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional de Editorial Galaxia. Quenes estaban alí compartían un soño que non entendía de limitacións ou dificultades. A base de valentía, forza e un compromiso férreo, creouse o que hoxe é a casa literaria de Galicia. Presidida por Ramón […]

Chega ás librarías “Anacos da vida”, de Víctor Rivas

A Editorial Galaxia publica a nova obra de Víctor Rivas, onde o autor expresa o seu profundo agarimo e respecto cara á xente do rural. “Anacos da vida” é un libro que, en palabras do autor, comezou a cociñarse hai oito anos, cando volveu a vivir no Cancelo, a casa que constuíu o seu bisavó […]

A editorial inicia unha nova colección dedicada ao ensaio contemporáneo

A editorial Galaxia inicia unha nova colección dedicada ao ensaio sobre temas de actualidade. O libro de Lois Oreiro Os mundos de agora dá comezo á colección titulada Hoxeéhoxe. O libro do xornalista Lois Oreiro, Os mundos de agora abre a nova colección da Editorial Galaxia dedicada a ensaio sobre temas de actualidade Hoxeéhoxe. A colección […]