Convócase o Premio Galaxia de Novela 75 Anos

Categoría: Premios, Destacado, Premio

BASES EN PDF

Pasaron cincuenta anos dende que Carlos Casares gañou con Xoguetes para un tempo prohibido o premio convocado en 1975 para celebrar o 25 aniversario da editorial. Coa chegada de 2025 e o 75 aniversario, Galaxia quere recuperar este premio, que se rexerá polas seguintes bases:

1. Poderán optar ao premio os escritores e escritoras maiores de idade que o desexen, sempre que as obras que presenten se axusten ao concepto comunmente aceptado de novela, estean escritas en lingua galega, acordes coa normativa oficial vixente, sexan orixinais, rigorosamente inéditas, total ou parcialmente, que o autor/a teña plena e libre disposición dos dereitos de explotación sobre a obra en calquera forma e modalidade, e que non fosen premiadas anteriormente en ningún outro concurso, nin estean pendentes de resolución de ningún outro concurso, nin correspondan a autores/as finados con anterioridade á presentación da obra a este premio.

2. As novelas, terán unha extensión non inferior a 350.000 caracteres, con espazos incluídos, e non superior a 700.000 caracteres, con espazos incluídos. Os autores/as deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres (con espazos) do seu orixinal. Os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dobre espazo en fonte Times New Roman corpo 12 en follas de papel de tamaño DIN-A4 debidamente encadernadas e numeradas. Tamén deberá acompañarse un USB onde se incluirá o orixinal en formato PDF.

3. O prazo de admisión de orixinais pecharase o 1 de decembro de 2024. Polo feito de presentarse ao premio, os concursantes aceptan as presentes bases e as condicións de cesión dos dereitos da obra gañadora, e comprométense a non retirar a súa obra unha vez presentada ao concurso.

Os orixinais deberán enviarse por correo, baixo plica, co título da obra e o lema no seu exterior, cos datos persoais do autor ou autora, a: Editorial Galaxia, Avenida de Madrid, 44, 36204, Vigo, indicando no sobre “Premio 75 anos de Galaxia”.

4. Establécese un único premio, indivisible, dotado coa cantidade de 25.000 euros brutos, sobre os que se xirarán os impostos e se aplicarán as retencións de acordo coa lexislación vixente. A concesión do Premio leva aparellada a edición e publicación da obra premiada por parte de Editorial Galaxia.

O importe do premio terá a consideración de anticipo á conta da remuneración proporcional pola cesión dos dereitos de explotación da obra premiada, en calquera forma e/ou modalidade, segundo prevé a base seguinte.

5. A aceptación do premio polo autor/a da novela gañadora implica a cesión a Editorial Galaxia, en exclusiva e durante o máximo tempo permitido pola lei, dos dereitos de explotación da obra galardoada incluídos, entre outros, os de (i) reprodución e distribución en forma de libro impreso, en calquera modalidade de edición; (ii) reprodución, distribución e comunicación pública en versións electrónicas (entendendo por tales aquelas que inclúan todo ou parte dos contidos da obra dixitalizados, asociados ou non a elementos multimedia); (iii) dramatización, serialización e/ou adaptación a guión de obra teatral ou audiovisual (xa sexa cinematográ- ca, televisiva, web ou doutra clase), e a correlativa explotación desta última; (iv) tradución a calquera lingua; e (v) propiedade industrial que poida derivarse dos seus contidos (título, nomes e aparencia grá ca de personaxes, lugares, situacións etc.).

Editorial Galaxia poderá publicar cantas edicións estime pertinente da obra, cada unha cun mínimo de 100 exemplares e un máximo de 5.000, podendo destinar á promoción un dez por cento (10%) de exemplares de cada edición.

Editorial Galaxia abonará ao autor/a o dez por cento (10%) do prezo de venda ao público, sen IVE, de cada exemplar vendido, calquera que sexa o lugar e a modalidade ou número de edición, unha vez descontado o importe do premio, que terá a consideración de anticipo á conta da remuneración proporcional pola cesión dos dereitos de explotación da obra premiada.

Como excepción, no caso de vendas realizadas polo editor a clubs do libro e plataformas de Internet, así como na realización de edicións especiais para calquera tipo de entidade, vendas de exemplares para exportación ou operacións a prezo especial (equivalente a un desconto igual ou su- perior ao 50% do PVP), o cálculo desta porcentaxe de dereitos de autor efectuaríase sobre o prezo de venda neto, sen IVE, isto é, aplicando a porcentaxe sobre o prezo que o editor percibiría.

Pola edición dixital da obra, o editor abonará ao autor/a o dez por cento (10%) dos bene cios obtidos na distribución da mesma, unha vez descontado o importe do premio, que terá a consideración de anticipo á conta da remuneración proporcional pola cesión dos dereitos de explotación da obra premiada.

Nas cesións a terceiros dos dereitos da obra, xa sexa para tradución, adaptación teatral, audiovisual ou calquera outra transformación, distribuiranse a razón do 50% para a Editorial Galaxia e o 50% para o autor/a.

O gañador ou gañadora obrígase a subscribir o oportuno contrato segundo os termos expostos nestas bases e na lexislación de propiedade intelectual española, e cantos contratos e documentos sexan necesarios para a protección dos dereitos de explotación cedidos a favor de Editorial Galaxia. De non formalizarse o devandito contrato por calquera circunstancia, o contido das presentes bases terá a consideración de contrato de cesión de dereitos entre Galaxia e o autor/a.

6. A Editorial Galaxia terá preferencia durante seis meses, dende a data de resolución do premio, para a adquisición dos dereitos das obras que o xurado considere con interese para publicar e que non obtivesen o premio, está autorizada a abrir as plicas de tales orixinais. A publicación da obra farase previa subscrición do correspondente contrato co seu autor/a, nas condicións expresadas na base anterior, sen que haxa en ningún caso cantidade ningunha en concepto de anticipo á conta dos dereitos.

7. O xurado será nomeado por Editorial Galaxia e estará conformado por profesionais de distintos ámbitos con amplo recoñecemento como especialistas en literatura. Actuará como presidenta do mesmo a catedrática e conselleira da editorial, Dolores Vilavedra Fernández, e, como secretario, Marcos Calveiro, director de edicións da editorial, ambos os dous con voz e voto. A composición do xurado farase pública no momento de resolver o premio. O xurado emitirá un veredicto inapelable, que se dará a coñecerno mes de abril de 2025.

O xurado estará facultado para resolver toda cuestión da súa competencia que non quedase establecida de modo explícito nas presentes bases.

8. Os participantes autorizan expresamente á Editorial Galaxia a empregar, con fins publicitarios e promocionais, os seus nomes e imaxe como participantes no presente premio. O gañador/a comprométese a participar persoalmente nos actos de presentación e promoción da súa obra que a editorial considere oportunos.

9. Conforme o disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 e na Lei, informamos de que os datos persoais que faciliten os autores e autoras serán incorporados a un cheiro de titularidade de Galaxia S. A., con CIF A-36603314, e serán tratados coa nalidade explícita e lexítima de xestionar a inscrición, participación e o resto das súas relacións con respecto ao concurso. Os devanditos datos son confidenciais e conservaranse ata que se ditamine o premio desta edición, excepto no caso de que resulte gañador ou gañadora, ou seleccionados para a súa publicación pola editorial, nese caso, conservaranse por tempo indefinido. Os participantes consenten en que os datos poidan ser cedidos ás entidades ou compañías promotoras, patrocinadoras ou encargadas da xestión e entrega dos premios, así como ás autoridades, organismos ou calquera outra entidade de carácter público ou privado, estatal, autonómico ou local, relacionadas co obxecto do concurso e os seus premios, ou, en cumprimento dunha obriga legal, de calquera rango normativo.

Os participantes poderán acceder aos seus datos persoais obxecto de tratamento, así como exercer os dereitos de rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición poñéndose en contacto con Editorial Galaxia a través do correo electrónico galaxia@editorialgalaxia.gal.

10. A participación na convocatoria do Premio Galaxia de Novela 75 Anos implica a aceptación destas bases por parte dos autores/as participantes.

11. A convocatoria deste premio réxese pola lexislación española. Para calquera diferenza que tivese que dirimirse pola vía xudicial, as partes, renunciando ao seu propio foro, someteránse expresamente aos xulgados e tribunais da cidade de Vigo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email