Estás aquí:

Código: 2082

Xoguetes para un tempo prohibido

15,90  IVE INCLUIDO
En 1975 publicouse por primeira vez a novela Xoguetes para un tempo prohibido; Editorial Galaxia no 2005 tira do prelo unha nova edición, a décima, desta obra na que Casares fai un retrato da xeración dos anos 60.
É esta a décima edición de Xoguetes para un tempo prohibido desde que no ano 1975 se edita a primeira. Unha novela retrato dunha xeración, a dos anos 1960, nos que aqueles mozos universitarios cultos e brillantes, intelixentes e soñadores acaban embarrancando no escepticismo e na amargura. Unha obra que nos achega a un tempo e a uns personaxes marcados pola perda das ilusións e polos soños derramados.

Esta novela foi galardoada co premio co que se conmemoraban os XXV anos da fundación da Editorial Galaxia. Un retrato xeracional dun grupo de amigos na Compostela universitaria de fins do século XX. O círculo universitario no que Casares se moveu na súa época de estudante na universidade aparece aquí representado pola peripecia vital de Elías, que abrangue desde a súa infancia nunha pequena vila galega ata o seu tráxico final nunha triste pensión ourensá.

Os sórdidos anos da posguerra e o seu contrapunto, os esperanzados tempos da utopía revolucionaria, acaban no alcohol, na frivolidade e o desespero. Escrita con toda a brillantez e eficacia da narrativa moderna, é unha reflexión lúcida sobre as ilusións perdidas e os soños non acadados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 129
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 02/12/2005
Dimensións 13 x 21 cm mm.
Colección: Biblioteca Carlos Casares
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-857-6
Observacións:

AUTORES/AS

Casares, Carlos
Casares Mouriño

Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense en 1941 e morreu en Vigo en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío. Dirixiu a editorial Galaxia e a revista Grial ata o seu pasamento.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2017.

As súas obras

Vicente Risco
9788491514855
17.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Carlos Casares

Á marxe, 1992. Obra xornalística I
marxe 1992
18.75€ CON IVE
Á marxe, 1993. Obra xornalística II
marxe 1993 caixa
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1994. Obra xornalística III
marxe 94
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1995. Obra xornalística IV
marxe 95
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1996. Obra xornalística V
marxe
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1997. Obra xornalística VI
marxe
19.60€ CON IVE
Á marxe, 1998. Obra xornalística VII
marxe
19.60€ CON IVE
Cambio en tres
cambio tres
15.00€ CON IVE