https://forms.gle/c17myKtyxhJhzG1eA
Nese formulario indicarase o título co que se presenta a obra e pseudónimo escollido pola autora ou autor. Tamén se cargará un arquivo coa obra en formato PDF. O arquivo en PDF non poderá conter datos ou metadatos que identifiquen a súa autoría real.
Enviarase tamén unha copia en papel, con letra de corpo 12 nun sobre pechado identificado polo pseudónimo e o título indicados no formulario. Así mesmo, dentro deste sobre, xunto co traballo, incluirase outro sobre pechado identificado co devandito título que conterá os datos persoais (nome, apelidos, copia de DNI, teléfono de contacto e enderezo electrónico). O xurado só o abrirá no caso de ser premiado.
Os traballos enviaranse por correo ao seguinte enderezo:
XVI Premio de Poesía Victoriano Taibo
Instituto de Estudos Miñoráns
Apartado 30
36380 Gondomar (Pontevedra)
4. O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 30 de setembro de 2024.
5. Os traballos presentados non serán devoltos e destruiranse tras o fallo do premio.
6. O xurado estará constituído por persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.
7. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Dombate e non xerará dereitos de autor durante os primeiros 1000 exemplares editados.
8. O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.
9. O premio consistirá en até 4000 €, dos que 3000 € serán en concepto de dereitos de autoría e 1000 € adicionais condicionados a que a persoa gañadora imparta un obradoiro totalmente presencial de poesía en Gondomar entre os meses de xaneiro e marzo de 2025. O obradoiro terá unha duración de 18 horas e non suporá compensación adicional por gastos de ningún tipo á parte do importe en metálico do premio. O obradoiro poderá facerse de forma telemática no caso de que a persoa gañadora resida fóra de Galicia, feito que deberá acreditarse debidamente. A persoa gañadora pode renunciar a impartir o curso segundo as condicións do punto seguinte.
10. No caso de que a persoa gañadora no imparta o obradoiro do punto anterior, xa sexa por renuncia voluntaria ou calquera outra causa, incluídas as de forza maior, recibirá únicamente os 3000 € en conceptos de dereitos de autoría. Nese caso, o Instituto de Estudos Miñoráns comprométese a utilizar os 1000 € restantes na organización dun obradoiro de similares características impartido por unha persoa de recoñecido prestixio na poesía galega. Terán preferencia as persoas gañadoras de edicións anteriores do Premio Victoriano Taibo de Poesía que non impartisen aínda o obradoiro.
11. A persoa gañadora tamén se compromete sen custo a formar parte do xurado na seguinte edición do premio en caso de ser solicitado pola organización.
12. Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.
13. O feito de participar supón a aceptación destas bases.
O IEM e o Concello de Gondomar queren, a través deste premio, enxalzar a figura de Victoriano Taibo, escritor e mestre na parroquia de Morgadáns, e contribuír ao crecemento da literatura na nosa lingua, convertendo Gondomar e este premio nunha cita imprescindíbel para as Letras Galegas.