Carlos G. Reigosa súmase así á nómina de prestixiosos gañadores deste certame entre os que se atopan escritores como Manuel Rivas ou Víctor F. Freixanes. En A vida do outro, Reigosa asume a tarefa de contar unha parte importante, e moi recente, da vida e da historia españolas desde os ollos dun xornalista que, condicionado por unha enfermidade, fai memoria de si e da época que lle tocou vivir. O autor definiu este seu novo libro coma "unha novela caracol que se vai facendo mentres se escribe".
A obra de Carlos G. Reigosa (Lagoa de Pastoriza, 1948) é ampla e chea de matices e intereses. Coñecido polo gran público pola novela policíaca Crime en Compostela (1984), quizais o primeiro gran best-seller da literatura galega contemporánea, deu ao prelo outras interesantes obras como Oxford, Amén (1982), ou Intramundi (2002).
Na editorial Galaxia publicou o ano pasado Eidos do xornalismo, un ensaio que nos fai reflexionar arredor da situación do xornalismo hoxe en día, o papel dos periodistas no tempo dos novos medios electrónicos, e a complexidade da actual situación global da información.