O Carballiño acolleu onte a presentación de Buscando a Dalia, a nova novela de Miguel Anxo Fernández e oitava entrega da serie protagonizada por Frank Soutelo.
Unha desaparición, varios crimes e demasiados segredos por descubrir poñen de novo o detective sobre a pista, nunha historia que combina intriga, retranca e unha mirada crítica sobre a realidade actual.
Para quen queira comezar a investigación antes de entrar de cheo na novela, compartimos dous capítulos de Buscando a Dalia como adianto.

Unha primeira aproximación ao novo caso de Frank Soutelo. O resto, haberá que descubrilo nas páxinas do libro.