Celebramos o Día Internacional da Tradución recomendando a nosa literatura universal

Hoxe, 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución, unha data que pon en valor o labor que permite que historias escritas noutras linguas cheguen a novas lectoras e lectores. Poucos días despois do Día Europeo das Linguas, celebrado o 26 de setembro, recuperamos catro títulos da colección Literaria Universal: catro obras, autores e […]

“Oversize”, de Marta Boente: unha odisea do cotián

Oversize, de Marta Boente, é unha historia sobre o cotián, a memoria, o azar e a maneira na que aquilo que sucede ao noso redor acaba impactando nas nosas vidas. A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e […]

Convócase o IV Premio de Novela Camiño de Santiago

A Academia Xacobea en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o patrocinio de Aluminios Cortizo S.U.L, convoca o IV Premio de Novela Camiño de Santiago cuxa obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago […]

Presentación de “Os abandonos”, en Boiro

O venres 25 de setembro, celebrarase, ás 20:30 h, no Centro Social de Boiro, a presentación de Os abandonos, de Antón Riveiro Coello. Acompañando o autor, estarán María Xesús Blanco López, presidenta da A. C. Barbantia; Mariano Muñiz Blanco, mestre e socio da A. C. Barbantia; e Xosé Ramón Romero García, alcalde do Concello de […]

Presentación de “Miniaturas e outras dimensións”, en Vigo

O xoves 24 de setembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón, en Vigo, a presentación de Miniaturas e outras dimensións, de Xosé María Álvarez Cáccamo. Acompañando o autor, estará Manuel Xestoso, xornalista. Xosé María Álvarez Cáccamo reúne en Miniaturas e outras dimensións unha colección de relatos construída arredor de dúas formas narrativas diferentes, que […]

O alumnado do Instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita Editorial Galaxia

Hoxe tivemos a honra de recibir na nova sede de Editorial Galaxia, en Vigo, a visita dun grupo de estudantes e profesoras do Instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo de Bos Aires. Mozos e mozas chegados dende a outra beira do Atlántico achegáronse á nosa sede para fortalecer os lazos cos valores herdados dos seus devanceiros, que […]

Xerardo Quintiá gaña o XX Premio Narrativa Breve Repsol

A obra baixo o título e lema A Miseria de Xerardo Quintiá resultou gañadora da XX edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega e recibirá unha dotación de 15.000 euros alén da publicación do libro pola Editorial Galaxia. Así o comunicou esta mañá o voceiro do Xurado, Armando Requeixo. Na novela gañadora destaca […]