Marilar Aleixandre volve á poesía con “Terra baixo as uñas”

Categoría: Nova

En Terra baixo as uñas, Marilar Aleixandre convídanos a percorrer lugares como Madrid e Valencia, marcados polas balas, os obuses, os alagamentos e os exilios. A través dunha escrita aberta e carnal, a autora emprende un exercicio de escavación da memoria que desenterra historias, exhuma corpos e reivindica acontecementos e nomes.

O poemario forma parte dun proxecto literario centrado na memoria histórica e nas violencias sociais, e establece un diálogo coa súa novela As bocas cosidas (Galaxia, 2025).

A andaina poética de Marilar Aleixandre (Madrid, 1947) comezou a finais dos anos noventa con Catálogo de velenos, recoñecido co Premio Esquío. A esta obra seguiron Abecedario de árbores (2006), Mudanzas (Premio PEN-Caixanova, 2007) e Desescribindo (2016). Os tres primeiros títulos foron reunidos en Mudanzas e outros velenos (Galaxia, 2017).

Na narrativa, Aleixandre é autora de obras como As malas mulleres (Galaxia, 2021), distinguida co Premio Eduardo Blanco Amor e co Premio Nacional de Narrativa, e As bocas cosidas (Galaxia, 2025).

Comparte nas túas redes sociais ou por email