As súas voces fan medrar a nosa literatura

Categoría: Nova

Este 19 de outubro, Día das Escritoras, celebramos o talento, a creatividade e a mirada das mulleres que enriquecen a literatura galega.

Begoña Caamaño, María Xosé Queizán, Marilar Aleixandre, Arantza Portabales, Nerea Pallares, Cynthia Menéndez, Carmen V. Valiña ou María Quiroga son só algúns dos nomes que forman parte do catálogo de Editorial Galaxia.

Autoras de distintas xeracións, estilos e voces que, a través da súa escrita, abren camiños, cuestionan realidades e constrúen novas formas de contar o mundo.

Hoxe celebrámolas a elas. E a todas as que fan da literatura un espazo de creación e liberdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email