Un mar de curiosidades é o novo libro de Javier García Galdo que dá continuidade ao seu traballo de divulgación científica iniciado con Un mar de preguntas. Dúas obras ilustradas por Roque Araújo Rey, publicadas na colección Lanterna de Aristóteles.
Existen unicornios mariños? Os peixes poden cantar? Hai ondas cadradas? Javier García Galdo regresa ao mundo mariño cunha nova publicación que reúne seres fascinantes, fenómenos sorprendentes e historias fantásticas para espertar a curiosidade polo océano.
Tras Un mar de preguntas, onde daba resposta a cuestións sobre a vida mariña e o funcionamento dos océanos, o autor amplía agora esta viaxe divulgativa para descubrir algunhas das cousas máis abraiantes que o mar aínda nos agocha.
Como sinala o propio Galdo, malia crer que coñecemos ata o último recuncho do planeta, «no mar aínda conservamos a última fronteira azul para a humanidade».
Coas ilustracións de Araújo, ambos libros comparten un mesmo propósito: coñecer, amar e conservar os nosos mares.
E, como lembra o autor na introdución desta nova obra, «a curiosidade salvará a nosa especie, e o futuro está por coñecer na inmensidade azul do océano».
Descubre tamén Un mar de preguntas.