Editorial Galaxia súmase á celebración do Día das Bibliotecas, que se conmemora cada 24 de outubro, reivindicando o papel destes espazos na difusión da lectura, no acceso á cultura e na conservación do noso patrimonio literario.
As bibliotecas son moito máis ca lugares nos que atopar libros. Son espazos de encontro, aprendizaxe e descubrimento, abertos a todas as xeracións, nos que a literatura continúa creando vínculos entre as persoas.
Desde Galaxia queremos recoñecer o traballo das bibliotecarias e bibliotecarios que, cada día, achegan os libros á cidadanía e contribúen a manter viva a nosa lingua e a nosa cultura.
Porque cada biblioteca abre as portas a novas historias e a novas maneiras de descubrir o mundo.