Presentación de 900 en Betanzos

O día 27 de setembro, ás 20:30 h, terá lugar na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de 900 de Xabier López, gañadora do Premio Torrente Ballester 2018. Intervirán, ademáis do autor, o director de edicións de Editorial Galaxia, Carlos Lema e o deputado provincial Xurxo Couto. Unha descomunal e estimulante novela na que, co […]

Visita do Instituto Argentino – Gallego Santiago Apóstol á Editorial Galaxia

Hoxe tivo lugar unha visita moi especial á Editorial Galaxia. Rapazas e rapaces chegados dende o outro lado do océano Atlántico, viñeron á nosa casa para reafirmarse nos valores legados polos devanceiros, que levan ata a súa terra, Bos Aires, no seu quefacer cotián. Os visitantes foron alumnas e alumnos do Instituto Argentino – Gallego […]

Presentación de A foresta e as árbores na Coruña

O Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia presentan no CGAI «A foresta e as árbores», un itinerario para adentrármonos no cine galego máis actual O acto terá lugar o 20 de setembro ás 20:30 horas e contará coa presenza de Margarita Ledo Andión, coordinadora da obra, Francisco Castro, director de Galaxia e José […]

3 títulos de Galaxia, finalistas no Premio Literario Frei Martin Sarmiento

Tres títulos da Editorial Galaxia son os escollidos no prestixioso Premio Frei Martín Sarmiento como finalistas na edición deste ano. Ao redor de 3.000 alumnas e alumnos deciden cos seus votos quen son os merecedores nas súas sete categorías. Este é o motivo polo que este galardón é un dos máis cobizados polas escritoras e […]

Editorial Galaxia publica a antoloxía completa de Fiz Vergara Vilariño

Galaxia publica nestre tramo final do ano a antoloxía poética de Fiz Vergara Vilariño, escrita por Yago Rodríguez Yáñez. Un traballo necesario e unha gran escolma poética por parte do autor. Atopámonos ante un referente esencial, polo que hai que transitar para entender a nosa poesía actual. O poeta naceu e morreu na parroquia de […]

Domingo Villar e Arantza Portabales, os bestsellers do verán

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia fai un reconto do máis vendido do verán, destacando as novelas O último barco de Domingo Villar e Beleza Vermella de Arantza Portabales. Estamos moi contentos porque de entre a moi variada oferta que se pode atopar en todas as librarías de Galicia, estes dous títulos, editados […]

A prestixiosa Granta publica a Chus Pato

A revista Granta, unha das máis importantes no panorama internacional, publicou tres poemas do libro Un libre favor de Chus Pato, á que presentan como unha das poetas contemporáneas máis importantes do panorama europeo. Unha autora prodixiosa que é quen de levar a súa escrita en galego por todo o mundo, mediante traduccións ao castelán […]

Manuel García Barros, insubmiso

O 28 de xullo publicouse no suplemento dominical de Diario de Ferrol, “Nordesía”, unha recensión de Armando Requeixo sobre A pluma insubmisa. Ensaios inéditos do escritor estradense Manuel García Barros. Un excelente traballo de recuperación, complementado cun documentado estudo por parte de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono. García Barros, ou Ken Keirades, foi […]