Galaxia colabora no Mapa Literario de Vigo

O pasado luns, co gallo do Día do Libro, a Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, presentou ao público o seu Mapa Literario de Vigo. Con este proxecto, afirman dende a Biblioteca “queremos amosar a importancia da nosa cidade dentro da literatura. Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que […]

Xulio Amigo novo presidente do Culturgal

Onte soubemos que Xulio Amigo, director comercial da Editorial Galaxia, será o novo presidente do Culturgal, a Feira de Industrias Culturais máis importante do país. Xulio Amigo releva a Manuel Bragado, presidente de Culturgal desde o ano 2014. Culturgal está integrada pola Asociación Galega de Editoras (AGE), Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), […]

Emma Pedreira gaña o Premio da Crítica Española por Bibliópatas e fobólogos

Hoxe soubemos que Bibliópatas e fobólogos de Emma Pedreira recibía o Premio da Crítica Española de narrativa galega. Con este libro de microrrelatos onde hai libros que falan de libros que conteñen libros que nos poden enfermar ou sandar ou sandar ou sacar o mellor de nós, que pode ser o peor, a Asociación Española da Crítica, […]

Sonárbore copa os finalistas dos Premios Martín Códax da Música

Na festa dos finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2018, celebrada onte nas bodegas Martín Códax en Cambados, soubemos que tres dos traballos publicados por Sonárbore o pasado 2017 ocupaban os tres postos finalistas na categoría de música infantil: Pitusa Semifusa e os estilos musicais de Olga Brañas, Pakolas de Paco Cerdeiras e Cancións […]

Chega ás librarías Serpe de cristal

Estes días chegaba ás librarías Serpre de cristal, o novo traballo musical de Pirilampo para os máis pequenos publicado na colección Sonárbore. O golfiño, a abella, a serpe sapeira, a píntega, o tritón, o reiseñor, a bubela, todos os peixes do mar e moitos outros animais que te rodean están neste novo libro-cd, e xunto […]

I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

BASES 1º- Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas de Idioma Galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As obras deberán ser inéditas […]

Tes ata o 27 de abril para participar no Reto Lector

O vindeiro venres 27 de abril remata o prazo para participar no Reto Lector 2018, un premio dirixido a rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos que queiran transmitir a súa paixón pola lectura en galego a través da plataforma de vídeo, converténdose en vloggers literarios. Para participar só teñen que ler e […]

Antía Yáñez gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2018

Esta tarde na Fundación Barrié de Vigo entregouse o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos. A gañadora desta segunda edición foi Antía Yáñez coa novela Senlleiras. A obra narrada dende diferentes tempos, aborda unha custión tan presente ao longo da historia como a violencia contra as mulleres. O xurado, composto por Anxos Sumai, Daniel Asorey, […]