Chega ás librarías Serpe de cristal

Categoría: Nova

Estes días chegaba ás librarías Serpre de cristal, o novo traballo musical de Pirilampo para os máis pequenos publicado na colección Sonárbore.
O golfiño, a abella, a serpe sapeira, a píntega, o tritón, o reiseñor, a bubela, todos os peixes do mar e moitos outros animais que te rodean están neste novo libro-cd, e xunto coa Serpe de cristal queren que aprendas moito e non deixes de cantar! Ademais, o libro vén marabillosamente ilustrado por Federico Fernández (que debuxou paxaros, serpes, lagartos, peixes…) e inclúe un prólogo de Pilar García Negro: “Este disco, pois, supón unha reposición e tamén unha resurrección: a da fantasía, a humanización da natureza que tanto caracteriza a nosa cultura tradicional e que cómpre renovar cao modernidade da cuidada calidade musical e dos versos adaptados á canción infantil”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email