Chegan as RAIOLAS DE SOL de Antonio García Teijeiro

Volve o mellor Antonio García Teijeiro. E faino cun libro de relatos que publicamos na colección xuvenil Costa Oeste e que titula RAIOLAS DE SOL. Na liña lírica e narrativa á que nos ten acostumados, ofrécenos historias que son precisamente coma a realidade que lle dá título ao volume, raiolas de sol, ou sexa, espazos […]

Nova novela infantil de Bernardino Graña

Leva uns días xa nos andeis das librerías galegas o novo traballo dese clásico da nosa Literatura Infantil e Xuvenil que é Bernardino Graña. O seu título é TRAGAXÁN E TRAGADIÑO e está ilustrado, dentro da colección Árbore 8 anos por Patricia Castelao. Nesta súa nova obra, o autor do Morrazo recrea aqueles tempos da […]

O debate sobre as esquerdas e as dereitas

Seguimos debullando algúns dos interesantes contidos da revista GRIAL que imos dando descargables en PDF. Desta volta, ofrecemos, na ligazón á dereita destas liñas a interesante reflexión que sobre a cuestión do eterno debate entre a esquerda e a dereita realiza o historiador e escritor portugués Ruí Tavares.

Publicamos a nova novela de Celia Díaz Núñez

Hai unhas semanas chegou ás librerías galegas, dentro da colección Costa Oeste, a novela de Celia Díaz Núñez, A BOCA DO MONTE, unha historia que a autora sitúa nas terras da súa nenez, e que nos leva por unha época lonxana no tempo, a do Imperio Romano, pero moi próxima no espazo, as terras de […]

Éxito na presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Tirán

Nun acto organizado pola Asociación de Veciños de Tirán, coa colaboración da Lonxa Literaria e da Asociación de Mulleres de Moaña, presentouse o pasado venres na Casa da Cultura de Tirán a novela de Iria Collazo López, COMA UNHA ÁNCORA. Durante o mesmo, léronse fragmentos da obra mentres se proxectaron imaxes da zona. A autora […]

Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Tirán

Presentación de 'Coma unha áncora' de Iria Collazo López o venres 20 de maio ás 20:00h, na Casa da Cultura de Tirán. Organizado pola Asociación de Veciños de Tirán, coa colaboración da Lonxa Literaria e igual tamén da Asociación de Mulleres de Moaña, que lerá fragmentos da obra mentres se proxectan imaxes da zona. A […]

Ecos na prensa galega polo pasamento de Sabino Torres

Onte dabamos conta do pasamento en Madrid, aos 91 anos de idade, de Sabino Torres, histórico editor galego que no ano 1949 botou a andar a xa mítica colección de poesía Benito Soto na que verían a luz, entre outros, os primeiros traballos de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe, a prensa galega láiase pola perda e […]

De novo o RUÍDO da guerra

Nos anos 90, Miguel Anxo Murado, xornalista, corresponsal de guerra, articulista e sobre todo, escritor, daba ao prelo RUÍDO. RELATOS DE GUERRA nos que se achegaba, dende a ficción, pero con palabras cheas da verdade de quen estaba alí para ver e contar, á guerra da antiga Iogolavia. Unha historia, como acontece con toda a […]