De novo o RUÍDO da guerra

Categoría: Nova

Nos anos 90, Miguel Anxo Murado, xornalista, corresponsal de guerra, articulista e sobre todo, escritor, daba ao prelo RUÍDO. RELATOS DE GUERRA nos que se achegaba, dende a ficción, pero con palabras cheas da verdade de quen estaba alí para ver e contar, á guerra da antiga Iogolavia. Unha historia, como acontece con toda a boa literatura, universal, porque a violencia, a brutalidade e a desesperacións humanas son idénticas en todas as partes, en todas as almas, en todas as épocas.
Agora, coñece unha nova edición porque, como diciamos, esta obra é xa un clásico contemporáneo que, malia que aquel conflito bélico xa quedase moi atrás, no fondo, segue a falarnos da actualidade. Agora chámase Siria. Despois terá, infortunadamente, outro nome.
E seguirá habendo ruído. Moito ruído.

Comparte nas túas redes sociais ou por email