Presentación da nova novela de Francisco Castro en Vigo

Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10 na Casa do Libro este martes ás 20 horas acompañado pola escritora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. A OBRA: Unha novela trepidante que non vas poder deixar de ler ata o final Antonio non daba creto ao […]
No pasamento de Begoña Caamaño

A nova sacuduinos coma un lóstrego fatal na mañá de hoxe luns. Logo dunha batalla dura e valente contra da enfermidade, Begoña Caamaño finaba na mañá deste luns 27 de outubro. En días vindeiros sucederanse actos na súa lembranza dos que iremos informando convintemente. Begoña Caamaño era, sen lugar a dúbidas, unha das voces máis […]
Presentación do novo libro de Antón Dobao en Compostela

O escritor Antón Dobao estará na librería Cronopios de Santiago, o xoves 16 de outubro ás 20:00 horas, para presentar "As Ilusións Estrañas", un libro de relatos que vén de ser editado por Galaxia. No acto, o autor estará acompañado polo político Xosé Manuel Beiras e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Estamos […]
Xa podes ver un dos tráilers de A ESMORGA

Será o vindeiro 21 de novembro cando A ESMORGA, a película que coproducen Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia chegue ás salas de cine de todo o país. Mentres non chega ese día, deixámosche na ligazón á dereita destas liñas dun dos tráilers desta fita baseada na novela de Eduardo Blanco Amor.
A editora Mar Maior preséntase hoxe na Casa del Lector de Madrid como a plataforma de difusión da literatura galega no mundo

Madrid, 21 de outubro de 2014.- A Casa del Lector de Madrid acollerá hoxe mércores 22 ás 19 h. a presentación de Mar Maior, a editora da cultura galega no mundo. Trátase do novo e ambicioso proxecto da Editorial Galaxia, que con máis de 50 anos de historia e cun fondo editorial no que se […]
Chega ás librerías o COCIDO SINFÓNICO de Os tres TENedORES

Estes días as librerías do país vanse encher coa aparición dun novo título da nosa colección de álbumes con música para os máis pequechos da casa. Desta volta serán Os Tres TENedORES os que nos agasallarán cunha pequena alfaia musical e de ilustración (responsabilidade de Dani Padrón) titulada COCIDO SINFÓNICO. Estamos diante dunha apaixonante viaxe […]
Presentación de UNHA VIAXE POLO MUNDO NA CORUÑA

As Maimiñas presentarán o seu novo libro-disco UNHA VIAXE POLO MUNDO na Biblioteca da Asociación de Veciños de Monte Alto ás 18 horas. "Unha viaxe polo mundo" conta a historia de como As Maimiñas decidiron ir unha tarde de paseo e, sen decatarse, foron chegaron a distintos países. Os nenos e nenas que asistan poderán […]
Presentación do novo libro de Emilio Pérez Touriño en Santiago

Hoxe xoves, na sede de Afundación, en Santiago, presentaremos o novo libro do expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, titulado CRISE GLOBAL E CRISE DA POLÍTICA. UNHA OLLADA DENDE GALICIA, un libro no que analiza o impacto da crise e lanza propostas de futuro. No acto intervirán, ademais do autor, os xornalistas Fernando […]