Presentación do novo libro de Antón Dobao en Compostela

Categoría: Nova

O escritor Antón Dobao estará na librería Cronopios de Santiago, o xoves 16 de outubro ás 20:00 horas, para presentar "As Ilusións Estrañas", un libro de relatos que vén de ser editado por Galaxia.
No acto, o autor estará acompañado polo político Xosé Manuel Beiras e polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Estamos diante dun libro de contos que teñen en común unha arela por transitar normas prohibidas. A perda, a sensación de final e a fronteira entre o real e o imaxinario é unha das constantes destes relatos que non van deixar indiferente a ninguén.

Comparte nas túas redes sociais ou por email