Os libros galegos estarán en Frankfurt

A Feira do Libro de Frankfurt, este ano desenvolverase na cidade alemá do 8 ao 12 de outubro e, como todos os anos, a nosa editorial participará no stand que a Consellería de Cultura ofrece para os editores galegos. A cita xeramana é unha ocasión para amosar a fortaleza e vizosidade da edición galega neste […]

As eternas COUSAS de Castelao

Poucos coma Castelao conseguiron dicir tanto en tan pouco. Por iso, as súas COUSAS, que estes días chega ás librerías de todo o país nunha nova edición (das moitísimas que leva dende a súa publicación no ano 1926), son consideradas paradigmas do relato breve, da pintura literaria concreta, da excelencia narrativa. Sen dúbida, é a […]

Xiqui Xoque, Fiú Fiú! xa está dispoñible no iTunes e en Spotify

Dende que demos comezo á publicación de música galega, en especial a destinada para música infantil, sempre tivemos moi presente dende a Editorial Galaxia que era moi importante que as creacións dos nosos intérpretes e grupos puidese estar presente nas principais plataformas de descarga musical. Ese é o motivo que nos leva, hoxe, a anunciar […]

Presentación do libro-disco de AS MAMIÑAS en Vigo

Este sábado, ás 18 horas, na Libraria Andel de Vigo, as nenas e nenos de Vigo teñen unha cita coa música e as aventuras que As Maimiñas porán sobre o escenario para presentar o seu libro-disco UNHA VIAXE POLO MUNDO. "Unha viaxe polo mundo" conta a historia de como As Maimiñas (Lucía-Mai e Irene-Miña) deciden […]

Berrogüetto, galardoado na categoría de Música nos Premios da Crítica Galicia

Hai uns meses, Berrogüetto despedía a súa carreira (recollida á perfección no libro de Fernando Neira, 'Berrogüetto, o pulso da terra') cunha xira de concertos polas cidades galegas. En todos e cada un deles, a banda de folk puido sentir como o público, ademais de entregarse, lle declaraba a súa admiración. En todos e cada […]

Sorteo de 3 exemplares de "Reo" de Xesús Fraga

Unha das temáticas que máis e mellor se abordan na trama de REO, de Xesús Fraga, ten que ver coa cultura hip hop, tan vencellada ao graffiti, marco global no que transcurre esta novela de Xesús Fraga e que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil do ano pasado. Con este motivo, o […]

Mércores de novidades editoriais

Mañá mércores a nosa editorial presentará dúas novidades editoriais. Por unha banda, o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño estará en Vigo, na Casa do Libro, ás 20 horas, presentando o seu novo ensaio "Crise global e crise da política. Unha ollada dende Galicia", acompañado de Damián Villalaín, profesor da ESAD, e o director xeral […]