Presentación do novo libro de Emilio Pérez Touriño en Pontevedra

O expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño presentará este xoves ás 20 horas en Pontevedra o seu novo libro CRISE GLOGAL E CRISE DA POLÍTICA. UNHA OLLADA DESDE GALICIA. O autor estará acompañado por Xabier Fortes e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Logo da publicación de O futuro é posible en 2012, […]

Francisco Castro presentou TES ATA AS 10 (galería de fotos)

Onte, na Casa do Libro e acompañado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e pola escritora Inma López Silva, o escritor Francisco Castro presentou a súa nova novela, TES ATA AS 10. No noso blogue deixamos unha completa galería fotográfica da xornada.

IV FESTIVAL POLIPOÉTICO DE VIGO, KEROUAC 2014

O sábado 25 de outubro, e coa colaboración da Editorial Galaxia entre outras entidades, terá lugar o IV Festival Kerouac, Polipoético de Vigo. Organizado polo espazo de lecer e cultura A Festa dos Maniquíes, coa participación de poetas e artistas de toda Galicia e resto de España. O evento desenvólvese no propio local da Festa […]

Editorial Galaxia inaugura unha nova etapa: Galaxia dixital

Editorial Galaxia vén de aprobar, en xunta xeral de accionistas, unha ampliación de capital para desenvolvementos estratéxicos. Estes desenvolvementos inclúen a creación dunha plataforma dixital para a promoción, difusión e comercialización de produtos culturais (Galaxia Dixital), sempre relacionados coa cultura galega e, inicialmente, apoiados no mundo do libro (edición en papel e descargas de e-books). […]

Coñecendo aos actores e actrices d'A Esmorga

Cando restan escasamente dúas semanas para a estrea, no Festival de Cine de Ourense, d'A Esmorga que coproducen Vía Láctea Filmes e a Editorial Galaxia, dende o facebook da película iníciase unha serie para coñecermos mellor aos actores e actrices da película. Unha interesante iniciativa da que iremos dando conta no noso blogue e que […]

Samaín ou Festa de Defuntos…pero con sabor galego

Non temos por que chamarlle Halloween pois sabemos que é o Samaín. É máis: sabemos que a hollywoodiense celebración, en realidade, é unha deturpación da tradición de calacús dos días de defuntos que, dende os colonos irlandeses que chegaron a América do Norte hai moitos séculos xa. En Galica, de sempre, por estas datas de […]

No pasamento de Begoña Caamaño

A nova sacuduinos coma un lóstrego fatal na mañá de hoxe luns. Logo dunha batalla dura e valente contra da enfermidade, Begoña Caamaño finaba na mañá deste luns 27 de outubro. En días vindeiros sucederanse actos na súa lembranza dos que iremos informando convintemente. Begoña Caamaño era, sen lugar a dúbidas, unha das voces máis […]