Fin de semana das Letras… e da música en galego

Esta fin de semana das Letras Galegas van gravitar, como é lóxico, arredor de Xosé Filgueira Valverde, escritor homenaxeado e de quen a nosa editorial publicou varios libros na colección que leva o seu nome. Sen embargo, ademais dos actos que se celebren na súa honra, a fin de semana vai estar chea de actividades […]
Presentación-concerto de A Gramola Gominola

Este venres, ás 18.30 horas, terá lugar unha presentación-concerto de A Gramola Gominola na libraría Barquito de Papel, en Santiago. O luns 25 á mesma hora, e co mesmo formato, habrerá outra presentación na Biblioteca Pública de Montealto, na Coruña. Ambos os dous concertos son de carácter gratuíto, malia que o de Coruña precisa de […]
Karra Errejalde promocionou A ESMORGA con Andreu Buenafuente

O actor Karra Errejalde, un dos protagonistas, con Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris" da película A ESMORGA dirixida por Ignacio Vilar e coproducida por Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e Televisión de Galicia, visitou na madrugada do martes para o mércores o plató do programa de La Sexta, 'En el aire' que dirixe […]
María do Carmo Kruckenberg finou este sábado en Vigo

O pasado sábado á mañá coñeciamos a triste nova do pasamento da poeta galega María do Carmo Kruckenberg, unha das voces máis libres e potentes da poesía galega de todos os tempos. Onte domingo, logo dunha breve cerimonia relixiosa, no tanatorio de Pereiró celebrarouse unha homenaxe cívico-poética na que se escoitou, máis unha vez, a […]
A Gramola Gominola trunfou na Coruña

O luns, na Biblioteca do Centro Cívico de Montealto da Coruña, celebrouse un concerto de presentación de A GRAMOLA GOMINOLA, primeiro libro-disco desta formación na colección Sonárbore + Grandes. O acto consistiu nun concerto acústico interpretados por tres dos membros do grupo (Paco, Paula e Anxo). O concerto amosou que, como uns días antes en […]
Concerto de Najla Shami e As Maimiñas en Xunqueira de Ambía

Baixo do título "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" Najla Shami e As Maimiñas ofrecerán un concerto en Xunqueira de Ambía, na Colexiata. Esta actividade enmárcase pois dentro dun acto que quere promover a solidariedade mais tamén pode ser un pórtico perfecto para comezar a Fin de Semana das Letras con boa música, para a cativada coas Maimiñas […]
O novo premio Trasalba crea Arte Urbana en Vigo

O último domingo de xuño ninguén quererá perderse a tradicional visita a Trasalba, á Casa Grande de Don Ramón, para asistir á entrega do Premio Trasalba e o xantar de confraternidade que dende hai tantas décadas a Fundación que leva o nome do Patriarca das Letras Galegas organiza. Este ano e como xa informamos no […]
Presentación da fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo en Lugo

Hoxe mércores, día 13, a Feira do Libro de Lugo acollerá a presentación do libro "Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976)", editado pola Fundación Ramón Otero Pedrayo. Participarán no acto os autores Patricia Chachero e Afonso Monxardín e Víctor F. Freixanes (presidente da Fundación Otero Pedrayo). Ao longo das páxinas desta publicación, os lectores e […]