Concerto de Najla Shami e As Maimiñas en Xunqueira de Ambía

Categoría: Nova

Baixo do título "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" Najla Shami e As Maimiñas ofrecerán un concerto en Xunqueira de Ambía, na Colexiata.
Esta actividade enmárcase pois dentro dun acto que quere promover a solidariedade mais tamén pode ser un pórtico perfecto para comezar a Fin de Semana das Letras con boa música, para a cativada coas Maimiñas e a súa festa perpétua e para o público adulto coa lírica elegante e fermosa de Najla Shami.

Comparte nas túas redes sociais ou por email