Esta fin de semana das Letras Galegas van gravitar, como é lóxico, arredor de Xosé Filgueira Valverde, escritor homenaxeado e de quen a nosa editorial publicou varios libros na colección que leva o seu nome. Sen embargo, ademais dos actos que se celebren na súa honra, a fin de semana vai estar chea de actividades doutro tipo e na nosa lingua. Unha oferta ampla, xa que logo, para celebrar a lingua de nós.
Este sábado e domingo, a familia María Fumaça levará a súa locomotora da alegría ás terras de Baiona (ás 12) e a Mos o domingo (ás 18 horas en Mos, no Multiusos de As Pozas, na parroquia de Petelos).
O mesmo sábado e tamén ás 12, proxectarase o documental CONTEXTUALIZANDO A FILGUEIRA VALVERDE na sede da Fundación Pública Galega Camilo José Cela.
Xa polo serán, Xoán Curiel levará o seu espectáculo ESTAMOS NO VERÁN!!! a Neda (19 horas na Casa da Cultura) e unha hora máis tarde, Luis Emilio Batallán interpretará os temas do seu libro-disco HABÍA QUE CHEGAR no Auditorio Muncipal da Xuventude de Cambados.
Documentais sobre o autor dos "adrais", música para os máis pequenos, para a rapazada adolescente, para adultos…e sempre en galego. Como é de lei.