Anxos Sumai e Séchu Sende, premiados na Noite da Edición

Arredor de trescentas persoas participaron na velada, na que se homenaxeou de xeito especial a tres editoras galegas que cumpren anos nestas datas: Biblioteca Gallega, de La Voz de Galicia, Editorial Alvarellos e A Nosa Terra. A cea literaria celebrouse na Casa dos Peixes, na cidade da Coruña. Ademais destes galardóns, concedéronse premios a Xavier […]
Fallo do Premio Ramón Piñeiro 2007

O ensaio premiado nesta sétima edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas. María López Sández, que é doutora en […]
Carlos Lema obtén o Premio de Poesía Johán Carballeira

O xurado, formado por Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto, concedeu o premio por unanimidade e salientou a "solidez da construción e elaboración" do orixinal premiado e a "riqueza que amosa polo diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo". O poemario premiado está formado por unha composición central, que dá título ao libro e […]
Galaxia presentou o Premio Novela Europea 2006

Organizado polo Casino de Santiago de Compostela, o Premio Novela Europea consolídase definitivamente como porta de entrada da narrativa estranxeira traducida para o galego coa publicación de Non me deixes nunca, a novela coa que Kazuo Ishiguro obtivo este galardón na edición do ano 2006. Editorial Galaxia, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello […]
O novo Premio Ramón Piñeiro

A partir da sinatura deste convenio unifícanse os dous premios de ensaio Ramón Piñeiro que existían ata o de agora, dando lugar ao premio máis importante dos dedicados ao ensaio en Galicia, dotado con 6.000 euros e a publicacion da obra gañador por Editorial Galaxia. Marisol López, Secretaria Xeral de Política Lingüística, Luís Díaz, Director […]
Cen anos de ciencia en Galicia

Ciencia e tecnoloxía. Información e coñecemento. O investigador Uxío Labarta, membro do consello de GRIAL e responsable do CESIC en Galicia, coordina este número (175) dedicado á memoria da ciencia e ao desenvolvemento do coñecemento científico na sociedade galega, cuestión intimamente relacionada coas nosas capacidades de desenvolvemento social e económico. Os traballos atinxen distintos ámbitos, […]
Galiza e Europa, dous novos títulos de Camilo Nogueira

O venres, 19 de outubro, reuníuse en Lisboa o Consello Europeo -institución que integra os xefes de Estado e de goberno da UE- para aprobar informalmente o Tratado de Reforma que, substituindo ao Proxecto de Constitución e de acordo co compromiso de Bruxelas deste ano, baixo a presidencia da chanceler alemá Angela Merkel, reforma o […]
Libros galegos na Habana

Galicia era a invitada de honor, igual que o ano pasado o foi Arxentina e o vindeiro ano o será Chile. Exposicións sobre a historia da cultura galega e da presenza galega en Cuba, plástica e cine, concertos e lecturas públicas ocupan algunhas das principais instalacións da Habana e o recinto da feira, situado na […]