Premios da Crítica para Murado e Borrazás

Non hai dous sen tres. Despois do premio da AELG e o Losada Diéguez, o libro de relatos O soño da febre do xornalista e escritor Miguel Anxo Murado obtén este recoñecemento, segundo o fallo do xurado, polo seu "universalismo vivenciado, a integración dos relatos cortos e a eficacia dun recurso onírico que non rompe […]

Camilo Nogueira en Vigo

Trátase de dous títulos relacionados entre si, en certa maneira complementarios: un sobre a construción da Unión Europea, dende os primeiros tratados do carbón e do aceiro ata os nosos días; outro sobre a significación que para Galiza ten o proxecto europeísta. Camilo Nogueira estivo acompañado neste acto por Carlos Lema, director de edicións de […]

Editorial Galaxia e EL PAIS prantan 22 árbores

A iniciativa nace da colaboración entre a edición galega do xornal e Editorial Galaxia, a prol da difusión masiva de títulos de literatura dirixidos aos lectores máis novos, co patrocinio de Caixanova e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A colección Árbore, que dirixe o escritor Xosé Antonio Neira Cruz, dispón dunha tipoloxía específica para […]

Exposición-Homenaxe a Xohán Ledo

Co patrocinio da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, o Xacobeo e o Ministerio de Cultura, e mais coa colaboración do Concello de Vigo (Concellería de Cultura) e a Fundación Caixa Galicia, presentamos a vida e a obra dun dos grandes creadores da edición despois da guerra civil, moi principalmente dende os […]

Primeira mesa redonda do ciclo "As caras do libro"

Este ciclo de mesas redondas é unha actividade complementaria á exposición de homenaxe a Ricardo García Suárez, Xohán Ledo, aberta dende o pasado día 20 no Museo Municipal de Vigo ‘Quiñones de León’, no Pazo de Castrelos, que poderá ser visitada ata o 20 de xaneiro do vindeiro ano. Ambos eventos están organizados por Editorial […]

Cea literaria "García Barros"

Os novelistas Xerardo AgraFoxo, Alfonso Álvarez Cáccamo, Francisco Castro, Manuel Darriba, Jaureguizar, Xosé Monteagudo, Antón Riveiro Coello, Séchu Sende e Anxos Sumai, na compaña do crítico literario Xosé Manuel Eyré e mais dos editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema, que se encargou de conducir o debate, mantiveron un coloquio sobre "Ficción e verosemellanza: da […]

Anxos Sumai e Séchu Sende, premiados na Noite da Edición

Arredor de trescentas persoas participaron na velada, na que se homenaxeou de xeito especial a tres editoras galegas que cumpren anos nestas datas: Biblioteca Gallega, de La Voz de Galicia, Editorial Alvarellos e A Nosa Terra. A cea literaria celebrouse na Casa dos Peixes, na cidade da Coruña. Ademais destes galardóns, concedéronse premios a Xavier […]

Fallo do Premio Ramón Piñeiro 2007

O ensaio premiado nesta sétima edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da paisaxe e a súa estreita relación coa cuestión identitaria, fundamental no caso da sociedade e da cultura galegas. María López Sández, que é doutora en […]