Caeu o pinsapo

O pai de Ramón Otero Pedrayo plantou un pinsapo (non exactamente unha araucaria, como sempre se dixo) o mesmo día do nacemento do fillo, en 1888. Durante anos, árbore e neno medraron xuntos, ata que en 1972 outro furacán abateu a vella árbore, que daba sombra á casa dende o xardín. "O meu irmanciño", gustaba […]

Fina Casalderrey fala do amor e da literatura

Primeiro de todo, un tópico: ¿que significa para ti ser este ano a autora homenaxeada no Salón do Libro? Se por tópico entendemos o que resulta evidente e coñecido, sinto que a miña resposta tamén vai ser tópica: non quero pararme a reflexionar se son merecente ou non desta fermosa honra -iso daríame vertixe e […]

Galaxia en cifras, 2008

En total son 450 autores e autoras, clásicos e contemporáneos, organizados en coleccións moi diversas, como corresponde a unha editorial xeralista: literatura, ensaio, investigación, literatura infantil e xuvenil, albumes, dicionarios, manuais, etc. A tiraxe media nestes últimos anos, entre 2000 e 2008, foi de 1.776. A máxima 8.000 e as mínimas arredor de 800 unidades. […]

"Eu tamén son fonte" en Tui

Desde hoxe e ata fin de mes poderá visitarse en Tui a exposición "Eu tamén son fonte" obra de Teresa Moure e Leandro Lamas, autores do texto e as imaxes, respectivamente, no libro de mesmo título publicado hai uns meses pola Editorial Galaxia en colaboración con Fedegalma e a Consellería de Sanidade. A exposición está […]

50 anos de Astérix

Hai 50 anos, as historias do pequeno guerreiro galo e os seus amigos, vían a luz da man de René Goscinny e Albert Uderzo, para coñecer de inmediato un grande éxito por todo o mundo. En galego chegarían grazas á Editorial Galaxia. Moita xente ignora, e é todo un dato, que as primeiras traducións á […]

Blanco Amor: desexo e fotografía

Carlos Lema, director literario de Galaxia, é un bo coñecedor xa non só da produción escrita de Eduardo Blanco Amor senón tamén de todo o seu complexo e interesante universo fotográfico. De feito el é o comisario da exposición "A ollada do desexo. Obra fotográfica de Blanco Amor. 1933-1973" que neste intre está aberta no […]

Vida e obra de Ramón Piñeiro

"Vida e obra de Ramón Piñeiro" é o primeiro dos volumes que con Ramón Piñeiro de protagonista este ano dará ao prelo a Editorial Galaxia. Neste caso, a autora de "Valdamor" Beatriz García Turnes ofrécenos unha biografía e unha antoloxía nas que se sintetizan e recollen tanto a obra coma as distintas facetas da vida […]

Méndez Ferrín cumpre 70 primaveras

O autor de páxinas fundamentais da literatura galega contemporánea ("Percival e outras historias", "Elipsis e outras sombras", "Arrabaldo do norte", "Antón e os inocentes", "Con pólvora e magnolias", "Bretaña Esmeraldina", "Estirpe", "No ventre do silencio", etc) ecibiu a homenaxe dos seus lectores e admiradores. Ramón Lorenzo, membro fundador do grupo Brais Pinto no Madrid dos […]