Castelao sempre en Galiza

A semana pasada cumpríronse 25 anos da volta dos restos de Castelao a Galicia. Nun final de Xuño de 1984, nunha xornada non exenta de incidentes, o corpo do que probablemente é o autor máis emeblemático da nosa literatura, e unha das figuras centrais da nosa cultura, volvían a Compostela para ficar para sempre na […]
Luís G. Tosar, Fillo Adoptivo do Irixo

Este sábado, o autor de "Estúrdiga materia", Luís González Tosar recibirá un fermoso recoñecendo ao ser nomeado Fillo Adoptivo do Irixo. A cerimonia celebrarase ás 12.30 nun lugar de nome ben poético, a Ínsua dos Poetas, no quilómetro 4,5 da estrada O Carballiño-Lalín. Este acto está integrado dentro das actividades da I Festa da Palabra. […]
1Q84. A nova novela de Murakami

Dous volumes de 500 páxinas conforman "1Q84", a nova aposta narrativa de Haruki Murakami, que hoxe ve a luz no seu orixinal xaponés. O obra aborda o medo e é tanta a demanda que a editorial xaponesa xa ten preparadas tres edicións listas para saír. Haruki Murakami é, tamén, un dos nomes importantes do catálogo […]
Galicia, unha economía europea

Se onte falabamos dos libros de Camilo Nogueira, esencial a súa lectura a unha semana escasa das eleccións europeas, hoxe é tempo de lembrar outra das novidades que Galaxia vén de publicar na súa colección Ensaio arredor da temática Europea. "Galicia, unha economía europea" é unha obra que sae das mans de Albino Prada Blanco […]
Ramón Piñeiro e a Xeración Galaxia

A pesar de que o Día das Letras quedou atrás, a obra e vida de Ramón Piñeiro seguen a ser obxecto de estudo por parte dos máis importantes coñecedores da súa figura. Hoxe, Carlos Fernández falará sobre o autor de Láncara, ás 20.30 horas, no Burgo, no Edificio Multiusos do Concello de Culleredo. A súa […]
Lembranza de Anxo Rei Ballesteros

Antonte daban comezo, como cada ano no Pazo de Mariñán, os Diálogos Literarios que organiza a Fundación Carlos Casares, unha das citas culturais máis importantes do país. Nesta ocasión, as xornadas, coordinadas polo poeta Román Raña deron comezo cun acto público no que, baixo do título de "Lembranza de Anxo Rei Ballesteros", tres persoas que […]
Un conto de cegoñas

A Editorial Galaxia vén de publicar un libro singular, de gran formato, da autoría de Antonio Ventura e Leticia Ruifernández. "Un conto de cegoñas" é unha historia que pretende achegar a pequenos e grandes, unha reflexión lírica, a través das conversas e as reflexións dun grupo de cegoñas que, como di o tópico, están a […]
Como coa comida feita a lume manso

Lembro cando hai anos o auténtico frenesí do xornalismo estaba apenas condicionado pola hora de peche da edición. Facíase de madrugada, a maioría das veces cos protagonistas da nova xa a durmir. Malia todo, a actualidade marcábaa basicamente ese ritmo demorado do diario. Hoxe queremos vivir na maior inmediatez, na pretensión inútil que nos fai […]