Adeus a Marcos Valcárcel

Esta ponte tinguiuse de tristura co pasamento do historiador e intelectual galeguista Marcos Valcárcel. Despois dunha longa enfermidade deixábanos o pasado domingo. Centos de amigos sumáronse aos actos de homenaxe que serviron de despedida a un home que fixo de Galicia bandeira, e da defensa da súa lingua e cultura, motivo de estudo e existencia. […]

Tres novos títulos da Biblioteca Compostela

A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea que patrocina a concellería de Cultura de Santiago de Compostela xa conta con tres novos títulos. No acto de presentación, que tivo lugar no Pazo de Raxoi, estiveron presentes a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García Conde, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e […]

Francisco Castro, elixido presidente de GALIX

O escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, responsable da Edición de Infantil e Xuvenil na editorial, Francisco Castro, foi elixido novo presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que até agora presidía Manuel Figueiras. É o resultado da ­asemblea xeral de socios que tivo lugar esta fin de semana, […]

50 anos de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

O Concello da Estrada organiza este acto conmemorativo do 50 aniversario da publicación de 'Memorias dun neno labrego', no que contarán coa presenza de Xosé Neira Vilas. Esta novela vén de ser publicada de novo, nunha nova edición, pola nosa editorial, comezando así a Biblioteca Neira Vilas, dedicada ao escritor de Gres, único autor vivo […]

'A rosa do viño', Premio Gourmand World Cookbook Awards 2010

O libro 'A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia', de Xavier Castro, vén de ser recoñecido co presitixioso Gourmand World Cookbook Awards 2010 como mellor libro en galego do ano. Agora, competirá na categoría "GOURMAND BEST IN THE WORLD" que, como o seu propio nome indica, pode convertelo no mellor libro do mundo […]

Galaxia publica 1Q84, a nova novela de Murakami

Editorial Galaxia publícaa en galego ao mesmo tempo que o libro se lanza noutras linguas do mundo. Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés, 932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir. En xaponés, a letra […]

Mañá en Vigo, homenaxe a Francisco Fernández del Riego

O día 7 de xaneiro Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) cumpriría 98 anos. A Fundación Penzol e Editorial Galaxia preparan unha homenaxe civil que terá lugar o venres 14 de xaneiro, ás 19:30 h, no Centro Social Novacaixagalicia, dedicada a quen foi un dos seus fundadores, figura sobranceira do galeguismo. A idea dos […]

Un libro fóra da correción e da mesura

Na colección Dombate de Poesía vimos de publicar o novo poemario de Ana Romaní, 'Estremas'. Con este motivo, mantivemos unha conversa que reproducimos de contado. PREGUNTA: Sen rodeos, hai neste mundo sitio para os poetas? RESPOSTA: Hainos que atopan o seu sitio neste mundo, hainos que buscan outros mundos e hainos que máis que sitio […]