Lois Pereiro en Galaxia

As editoriais galegas estamos a preparar todo un mollo de propostas de lectura arredor da figura e da obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. A nosa editorial ten prevista a edición de tres títulos. Por unha banda, e como xa é habitual dende hai moitísimos anos, na colección Letras […]

Domingos de calcetíns brancos

A obra Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, da que é autor o sociólogo Manuel Pérez Rúa, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e […]

'Quen son?', dispoñible xa na AppStore

Despois da grande acollida ao primeiro dos contos lanzados dentro do proxecto Contoplanet, o texto de Fina Casalderrey, 'Puag, que noxo!', chega agora o segundo dos títulos, 'Quen son?' de Alicia Borrás. Como no caso anterior, estamos diante dun ambicioso proxecto xurdido da alianza entre Perro Verde Films, Milrayas e a Editorial Galaxia, e que […]

Inaugúrase o Salón do Libro de Pontevedra

Onte e o sábado, as familias de Vigo gozaba do espectáculo 'Ola, ola, la!', de Mamá Cabra, e que nace dun libro-disco-DVD no que, ademais das cancións, podemos ler un conto da escritora Gloria Sánchez, figura referencial da nosa literatura infantil e xuvenil e que é homenaxeada nesta edición do Salón do Libro Infantil e […]

Convocado o Ramón Piñeiro de Ensaio 2011

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; e o delegado de Gas Natural Fenosa en Galicia, Luis Díaz, presentaron onte a undécima edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este certame, en memoria do ilustre galeguista, escritor e filósofo Ramón Piñeiro López, pretende contribuír á […]

Ana Romaní presenta ESTREMAS

Xunto á autora estarán no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, María do Cebreiro, escritora, e o músico Rodrigo Romaní. Estremas é o primeiro poemario que Ana Romaní publica en Galaxia. A colección Dombate incorpora deste xeito ao seu catálogo a obra dunha das poetas que, desde a década de 1990, abordan a […]

Dous novos títulos na colección Costa Oeste

A novela Tardes con Margueritte, da escritora francesa Marie-Sabine Roger, fala deses encontros que che poden cambiar a vida. É unha novela para rir, para pensar, para sentir, para emocionarse. Esta é unha historia con dous personaxes inesquencibles. Por unha banda, German, na mediana idade e pasado de quilos e de tristura (interpretado maxistralmente no […]

Árbores x 3

Se onte dabamos conta das nosas novidades en Costa Oeste, falamos hoxe de tres títulos que estes días están a chegar ás librerías de todo o país dentro da colección Árbore, a destinada para o lectorado autónomo, ese que hai que coidar con textos sedutores para que o día de mañá sexan lectores e lectoras […]