Día Mundial da Poesía

Hoxe é o Día Mundial da Poesía. Hoxe vivimos coas palabras, dende as palabras, instalados na lingua nosa coa que dicirmos bolboreta, amor, resistencia e país. Hoxe comemos palabras porque sabemos que non podemos alimentarnos só de pan, e que precisamos, como Celso Emilio Ferreiro cantou, o compango da poesía, e botarlle azucre así á […]
UNHA NOVELA ESENCIAL

Dentro da Biblioteca de autor que Editorial Galaxia dedica a Camilo Gonsar, publícase unha nova edición, que o autor deixou preparada antes da súa morte en 2008, de Desfeita, novela que aborda o tema das consecuencias guerra civil e a ditadura franquista na sociedade galega. A obra do escritor de Sarria é unha das obras […]
GALICIA DÉIXASE NOTAR EN BOLOÑA

Hoxe celébrase na cidade italiana de Boloña a segunda xornada da Feira Internacional do Libro Infantil no que a Editorial Galaxia ten unha importante presenza ao contar cun espazo propio que, dende o primeiro instante, se converteu en lugar de traballo con ilustradores de todo o mundo, profesionais do libro dos cinco continentes e, en […]
A ESMORGA, mellor espectáculo teatral

A adaptación teatral de A esmorga obtivo o premio máis importante da noite, o de mellor espectáculo, así como os de mellor actriz e actor secundarios, mellor escenografía e mellor iluminación. Este importante recoñecemento fala, unha vez máis, da vixencia da grande obra do autor ourensán, 50 anos da aparición da novela. Esta adaptación renovada […]
EN BOLOÑA O LIBRO GALEGO MEDRA

Unha das grandes ventaxas que ten a Feira Internacional do Libro de Boloña é a posibilidade de atoparse con centos de editores de todo o mundo, para coñecer os seus proxectos e, sobre todo, para dar a coñecer os propios. Visitando os distintos stands, chégase á conclusión de que, coma sempre, hai moito que facer […]
Día Internacional do Libro Infantil

Dende Editorial Galaxia estamos convencidos do papel fundamental que xoga a colaboración entre profesores, libreiros, editores e familias para impulsar o establecemento do hábito de lectura entre os máis novos. Consorte con esta filosofía, Galaxia tenta promover publicacións que, ademais de achegarnos boa literatura, servan tamén, desde o coidado deseño e a ilustración traballada, para […]
Unha das novelas xuvenís máis premiadas dos últimos anos

Esta novela narra a viaxe dun adolescente italiano que sae desde Xénova rumbo a Bos Aires na procura de fortuna, a comenzos do século XX, entre as dúas grandes guerras. A fame e a dor, a despedida da súa nai, o camiño cara ao porto cuns amigos que tamén marchan, a viaxe no barco, un […]
BIOGRAFÍA DE UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Xorden así unhas memorias concibidas con aparencia de autobiografía, nas que a figura totémica de Novoneyra o inunda todo. En A […]