Xavier Alcalá participa na Feira Internacional do Libro de Miami

Xavier Alcalá vai asistir á Feira Internacional do Libro de Miami para presentar a súa última novela, Verde oliva, baseada na biografía real dunha axente doble durante a Revolución que levou a Castro ao poder. A novela vén de ser publicada por Galaxia en galego, e pola editorial Nowtilus en castelán. O escritor Xavier Alcalá […]
Mamá Cabra ultima o seu novo traballo

O calor, impertinente, impenitente, ás veces cruel, pero sempre cómplice, non evitou onte que os compoñentes do grupo de música infantil Mamá Cabra, máis o coro, se entregasen durante a xornada á primeira sesión de gravación do DVD que acompañará ao libro-disco, 'Bicos de música' que a nosa editorial publicará á volta do verán. Nesta […]
Rematou a gravación de Bicos de Música

Como levamos días comentando, as semana pasada foi especialmente intensa tanto para Mamá Cabra, como para os amigos de Pórtico Audivisuales e os traballadores da Editorial Galaxia, pois estivemos centrados, na Casa Grande do Bachao, en distintos lugares do Concello de Teo e de Santiago, na gravación do DVD do novo traballo do popular grupo […]
Conversa con Berrogüetto

Un dos libros recentes que máis teñen chamado a atención, en especial dos amantes da música, é a biografía, despois dunha longa traxectoria chea de éxitos, cambios de formación e, sobre todo, de aposta pola calidade, do grupo Berrogüetto. O xornalista musical Fernando Neira asumiu ese traballo que deu como resultado o libro 'Berrogüetto. O […]
O libro do mes

Dende hoxe, a web de Editorial Galaxia ofrece unha nova sección na súa web, titulada O LIBRO DO MES. Premendo nela, os e as internautas poderán descargar de balde algunhas páxinas das novidades que a nosa editorial irá publicando. Comeza esta sección co primeiro capítulo da novela de Xavier Alcalá, 'Verde oliva'. Dende a sección […]
Presentación de O PEIZOQUE ROQUE

Este mércores, coa participación da autora, Dores Tembrás, e o ilustrador, Xosé Tomás, acompañados polo editor e escritor Francisco Castro, presentaremos, dentro do marco da Feira do Libro da Coruña, o libro 'O peizoque Roque', un fermoso álbum que vimos de publicar na nosa colección Os Duros. Segundo promete a autora no seu blogue, vai […]
Presentouse O PEIZOQUE ROQUE na Coruña

A carpa que acolle as presentacións de libros na Feira da Coruña quedou pequena para acoller o público que se achegou a acompañar a Dores Tembrás e Xosé Tomás na presentación, canda o escritor e editor Francisco Castro, do libro 'O peizoque Roque'. A expectación foi tanta que, rematado o acto, autora e ilustrador tiveron […]
Sinaturas e música na Feira da Coruña

Seguen os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña. E a actividade non cesará durante a fin do semana. Así, este domingo, o escritor e director xeral da nosa editorial, Víctor F. Freixanes estará asinando exemplares da súa novela 'Cabalo de ouros' dende ás 19 horas. E unha hora máis tarde, […]