Que empece a función!

O pasado 22 de novembro o Auditorio de Ourense quedou pequeno para acoller ao medio millar de escolares que puideron gozar do espectáculo, posto en pé por Teatro da Esmorga e Editorial Galaxia, titulado 'Que empece a función!' e que supón un paseo, en pequenas pílulas escénicas, polo máis importante do noso teatro ao longo […]
Galaxia Tales e Galaxia Comic serán presentadas no Culturgal

Dentro dos moitos actos que a Editorial Galaxia ten previstos para desenvolver durante o Culturgal desta fin de semana en Pontevedra, destacamos dous produtos relacionados coas novas tecnoloxías absolutamente pioneiros en Galicia e, en boa medida, no resto do Estado. Por unha banda, presentaremos o portal Galaxia Tales, primeira web de contos interactivos en Rede, […]
'Camiñantes' de Marcelino Agís, sae en ruso

Estes días, o libro Camiñantes. Un itinerario filosófico que a nosa editorial publicou dentro da súa colección de Ensaio, chega á lingua rusa. Co gallo deste fito, mantivemos unha conversa co seu autor. PREGUNTA: Que significa para ti ver o teu libro traducido ao ruso? RESPOSTA: Para min é unha satisfacción ver como unha obra […]
Presentación en Compostela de MARÍA FUMAÇA

Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu. Esta semana comeza a xeira de presentacións de María Fumaça, un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro con CD e DVD destinado […]
Volve a cociña de Larpeiros

Xa está chegando ás librerías de todo o país o novo libro do cociñeiro Benigno Campos quen, desta vez, decidiu titular o seu traballo 'Volve a cociña de Larpeiros', título ben acaído pois a súa é unha cociña xa coñecida, e seguida, por milleiros de galegos e galegas que atopan nas súas propostas, receitas sinxelas […]
Presentación de 'María Fumaça', libro-CD-DVD, en Vigo

Despois da presentación de onte na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, segue a xeira de presentacións de 'María Fumaça', un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un cd e un dvd que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo, coma tantos e coma tantas, que […]
Aniversario de Francisco Añón

Ramón Blanco é o autor do relato biográfico e tamén se encargou de seleccionar e editar os textos desta nova edición da obra do poeta de Outes. Francisco Añón é un dos autores fundamentais na historia da poesía galega do século XIX. A obra seleccionada nesta antoloxía inclúe as diferentes facetas ou rexistros líricos do […]
Éxito rotundo de Benigno Campos na presentación do novo libro

Onte, as instalacións da Casa do Libro de Vigo quedaron pequenas para acoller a tantísimo público como se concentrou para asistir á presentación da terceira entrega das receitas de Benigno Campos e que desta volta titulou 'Volve a cociña de Larpeiros'. Na presentación, o autor volveu insistir no seu discurso máis forte e máis interesante, […]