Xa dispoñible o facebook do Centenario Francisco Fernández del Riego

O 7 de xaneiro pasado, coincidindo cos cen anos que cumpriría Francisco Fernández del Riego, botamos a andar un blog específico que recolle traballos seus, opinións de quen o coñeceu, textos de investigación, reseñas bibliográficas e, en definitiva, todas aquelas referencias e novas relacionadas coa efeméride. Onte, botamos a andar na rede social do facebook […]

Sempre en Galiza

Saiu do prelo o venres pasado e irá anegando aos poucos, coa luz de sempre, o inmorrente ensaio de Castelao, sen dúbida o máis importante da historia da cultura galega, 'Sempre en Galiza', as librerías todas de Galicia. Un libro que é máis ca un libro. É un símbolo da cultura e dun país. Unha […]

Xeórxicas do pan

Hai moitísimos documentos de Ramón Otero Pedrayo depositados na Fundación Penzol, entre outros, tres versións diferentes do poema, 'Xeórxicas do pan'. Eses textos, tanto pola súa extensión como pola súa altura literaria confirman a Otero como un dos grandes poetas do seu tempo. Estes días tiramos do prelo, na Biblioteca Otero Pedrayo, este libro, en […]

Presentación de O FUTURO É POSIBLE en Vigo

Galaxia presentará o libro, co autor, Hixinio Beiras Cal e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, hoxe xoves, ás 20 h, na Casa do Libro de Vigo. Emilio Perez Touriño (A Coruña, 1948) reúne en arredor de 450 páxinas semblanzas e documentos da súa experiencia política, tanto como secretario xeral do PSdeG-PSOE dende […]

Patricia Blanco gaña o certame en twitter arredor de O Principiño

Hai dúas semanas a Editorial Galaxia convocaba a través de twitter e do hastag #gustameoprincipiñopor un concurso no que se convidaba aos internatuas a enviar tuits que completasen os 140 caracteres e explicasen por que lles gustaba o clásico de Antoine de Saint-Exupèry. Foron algo máis de douscentas propostas que fixeron ben difícil a escolla. […]

Xeranios nas fiestras, pombas nos tellados

Escribía Carlos Casares [o 22 de novembro do 2001, naquel seu dietario para La Voz de Galicia] que a edición en xaponés de O Principiño era unha boa oportunidade para falarlles aos pequenos das diferenzas, da relatividade das cousas. Por ter a capa na contracapa e por lerse “ao revés”. Non é relativo, en cambio, […]

Sempre en Galiza

Saiu do prelo o venres pasado e irá anegando aos poucos, coa luz de sempre, o inmorrente ensaio de Castelao, sen dúbida o máis importante da historia da cultura galega, 'Sempre en Galiza'. Un libro que é máis ca un libro. É un símbolo da cultura e dun país. Unha reflexión que manifesta á perfección […]

Por que amamos o Principiño

Hai uns días decidimos botar a andar un concurso, a través de twitter, arredor de O Principiño, co gallo do feito, feliz, de que chegabamos á viséxima edición en galego, dende aquel afastado 1972 no que Carlos Casares, gran coleccionista de todo o que tiña que ver con este libro, decidiu verquelo á nosa lingua. […]