'Morgana en Esmelle', Premio da Crítica 2012

Esta fin de semana, falláronse no Bierzo os Premios da Crítica española. A novela de Begoña Caamaño, 'Morgana en Esmelle', que só hai un par de semanas recibira o premio dos editores galegos como mellor obra de 2012, facíase co galardón a nivel estatal. O libro de Begoña Caamaño revisa algúns dos mitos da Materia […]
Soños de fútbol en Bangui

Esta semana comezará a chegar ás librerías de Galicia, o libro de Ives Pinguilly, 'Soños de fútbol en Bangui' que a Editorial Galaxia publica en tradución de María González dende o francés, un libro sobre fútbol, sobre África e sobre o poder do deporte. Mais tamén un libro de denuncia sobre o estado da infancia […]
Paradigma e tempo na física teórica

Ás librerías vai chegando o terceiro volume do proxecto de Metaensaio "Ao final do infinito", de Basilio Lourenço Fondevila e do que xa tiramos do prelo os dous primeiros libros. O libro está enfocado para un lector de divulgación científico-natural e filosófico-científica con coñecementos elementais de física, pero tamén para o que ten interese nas […]
Begoña Caamaño e Fina Casalderrey galardoadas na Noite da Edición

Como todos os anos, os profesionais da edición galega, abeirados pola AGE, reuníronse na noite do venres, nas instalacións do Hotel Mar de Vigo, para celebrar a súa Noite da Edición na que se recoñeceron os mellores traballos editados durante o ano ao tempo que se aproveitou a ocasión para gabar o traballo dalgunhas persoas […]
Máis de 25.000 exemplares de 'Novas receitas da cociña de Larpeiros'

Estes días chega ás librerías unha nova edición do libro do cociñeiro Benigno Campos, 'Novas receitas da cociña de Larpeiros', situándose así o libro nunha marca que supera os 25.000 exemplares. Como xa sucedera co seu primeiro libro, e tamén co terceiro, esta entrega das súas receitas, desta volta publicadas cun CD que recolle a […]
PLENARIO EXTRAORDINARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA NA SEDE DA FUNDACIÓN PENZOL

Co gallo do CENTENARIO DO NACEMENTO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, a Real Academia Galega vai celebrar un plenario extaordinario en homenaxe a quen foi o seu Presidente (1997-2001), no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura de Vigo, sede da Fundación Penzol, que tamén este ano celebra o seu 50º aniversario. PROGRAMA DE […]
Homenaxe a Marilar Aleixandre no Salón do Libro de Pontevedra

Como todos os anos, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil homenaxea a un autor ou autora a quen se lle recoñece toda a súa traxectoria. Durante todos os días de celebración do Salón, exhíbense distintos elementos relacionados coa súa obra e traxectoria, no caso de Marilar Aleixandre, moi profunda tanto a nivel de literatura […]
Editorial Galaxia publica 'O caderno de Ánxela'

Estes días chega ás librerías de todo o país, na súa versión galega, o libro de Raquel Ricart Leal, 'O caderno de Ánxela', volume que vén de entrar na Lista White Ravens que recoñece os mellores libros do mundo dos publicados en todas as linguas durante o ano. A historia lévanos á vida dunha rapaza […]