Presentouse COCIÑAR CON ALGAS

A cociñeira Eva Crespo Vázquez presentou este martes, en Librouro, acompañada de Clemente Fernández Sáa, de Algamar e autor do limiar do libro, e do editor Francisco Castro, o libro 'Cociñar con algas', receitario que nos amosa a enorme cantidade de posibilidades culinarias que ten a froita do mar, as algas, material no que Galicia […]
Ás veces quero morrer coa risa

'Ás veces quero morrer coa risa' conta a historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro termial. O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro […]
Fallouse o concurso INSPIRACIENCIA

Onte, na sede do CSIC en Barcelona reuniuose o xurado da terceira edición do concurso Inspiraciencia, certame que promove a creación literaria, que se convoca nas catro linguas e que na nosa lingua, a súa organización, corre a cargo da Editorial Galaxia. En reto representación da editorial galega acudiu o editor Francisco Castro. En total, […]
'O Principiño' cumpriu 70 anos

O pasado sábado, o clásico de Saint-Exupèry, 'O Principiño', cumpriu setenta anos, un libro que leva sete décadas facéndonos pensar na importancia daquelo que queremos, aínda que só sexa unha cativa flor nun asteroide, ou axudándonos a recuperar aquel neno que fomos e que, co tempo, esquecimos. A devoción por este libro dos lectores e […]
Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño

Estes días está chegando ás librerías de todo o país a novidade editorial, dentro da nosa colección Letras Galegas, 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño', de Montse Pena Presas, responsable do texto, e Gonzalo Enríquez Veloso, autor do documental que acompaña o libro. Estamos diante dun […]
O mundo que teño de meu

Vén de chegar ás librerías 'O mundo que teño de meu', de Álvaro Cunqueiro, en edición de Xosé-Henrique Costas e Iago Castro Buerger. Os artigos recompilados abranguen desde as súas colaboracións en A NOSA TERRA e NÓS, e os artigos anteriores á Guerra Civil publicados no xornal EL PUEBLO GALLEGO, ata os publicados na posguerra […]
Carlos Casares, o amigo das palabras

Coordinadas polo traballo de Rafael Laso Lorenzo, ofrecemos neste libro trinta e tres entrevistas realizadas a persoas que, por unha razón ou outra, coñeceron persoalmente a Carlos Casres. Tamén as voces daqueles que se achegaron a el a través da súa obra. Mulleres e homes de todos os eidos: médicos, escritores, críticos literarios, empresarios, profesores […]
O libro 'Cociñando ao pé da letra' chega a Bucarest

Cando no seu día publicamos 'Cociñando ao pé da letra', volume que nos ofrece un curioso diálogo entre literatura e cociña ao poñer a 21 escritores e escritoras a cociñar, e a contárnolo de maneira literaria, xa se acolleu a publicación como un grande acontecemento. Agora, a mostra fotográfica, responsabilidade de Andrea Costas, chega a […]