Presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Tirán

Presentación de 'Coma unha áncora' de Iria Collazo López o venres 20 de maio ás 20:00h, na Casa da Cultura de Tirán. Organizado pola Asociación de Veciños de Tirán, coa colaboración da Lonxa Literaria e igual tamén da Asociación de Mulleres de Moaña, que lerá fragmentos da obra mentres se proxectan imaxes da zona. A […]

O día de Manuel María

Este martes celebraremos un dos días grandes do noso país, centrado este ano en Manuel María. O Día das Letras brillará especialmente este ano ao centrarse na figura dun dos autores que máis e mellor souberon sintonizar co pobo galego. É un dos máis musicados e presentes nas aulas do noso país. Un dos máis […]

Neira Vilas, un galego en dous continentes

No novo número da revista GRIAL publicamos o texto íntegro da intervención de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, celebrada na Cidade da Cultura o 17 de marzo de 2016 no acto de homenaxe a Xosé Neira Vilas. Na ligazón á dereita destas páxinas podes descargar o texto completo en formato PDF.

O MEU PESADELO FAVORITO, Mellor Libro de LIX galego

O Teatro Principal de Santiago foi o lugar escollido pola AELG, AGE e a Federación de Libreiros para celebrar a primeira edición da Gala do Libro Galego e recoñecer os mellores traballos do ano pasado. A escritora María Solar recibiu o premio pola súa obra O MEU PESADELO FAVORITO na categoría de Mellor Libro Infantil […]

Manuel Núñez Singala presenta Camiños na auga en Pontevedra

Manuel Núñez Singala presenta o próximo luns, día 9, ás 18h, o seu novo libro, a novela Camiños na auga, na Praza da Verdura de Pontevedra, dentro das actividades da programación "Maio, mes da lingua" que organizan Onda Cero e o Concello. Camiños na auga conta a historia de Szymo, un rapaz albino que escapa […]

Mercedes Queixas presenta en Carballo "Labrego con algo de poeta"

Mercedes Queixas Zas luns presenta o vindeiro , día 9, ás 20h, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María , unha achega fundamental para coñecer a vida e a obra do poeta chairego ao que a Real Academia Galega lle adica o próximo 17 de maio […]

Ramón Rozas

As vidas de todos nós están cheas de elefantes. De imaxes da nenez nas que refuxiarmos unha e outra vez para buscar acubillo ante o desacougo que tantas veces asoma ao longo da vida. Ler este libro supón acompañar a unha serie de personaxes nun momento determinado das súas vidas no que todos eles conflúen, […]

Camilo Nogueira, Premio Trasalba 2016

O economista, enxeñeiro, ensaísta e político galego Camilo Nogueira Román (Lavadores, Vigo, 1936) recibirá o próximo 26 de xuño o Premio Trasalba que todos os anos concede a Fundación Otero Pedrayo a unha personalidade destacada no galeguismo. O escritor Suso de Toro, que en 1991 publicou o libro de conversas Camilo Nogueira e outras voces, […]